[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dennis Gabor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDennis Gabor

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Gábor Dénes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1900 Editar o valor en Wikidata
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHungría Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Berlín - Doutor en filosofía (–1927)
Universidade Humboldt de Berlín (–1924)
Universidade de Tecnologia e Economia de Budapeste (pt) Traducir (–1921) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, inventor, académico, holographer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Berlín
Imperial College London Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosEric Ash (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEric Ash (pt) Traducir, Jack Cowan (en) Traducir e Anthony G. Constantinides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarjorie Louise Butler Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.634)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.70) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1277259 WikiTree: Günszberg-1 Find a Grave: 207145296 Editar o valor en Wikidata

Dennis Gabor (en húngaro: Gábor Dénes), nado en Budapest en 1900 e finado en Londres en 1979, foi un profesor universitario e físico húngaro galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1971 polo descubrimento da holografía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 5 de xuño de 1900 na cidade de Budapest, naqueles momentos formando parte do Imperio Austrohúngaro e que hoxe en día é a capital de Hungría. Estudou física entre as universidades de Budapest e Berlín, doutorándose no ano 1927 cunha tese doutoral sobre os raios catódicos.

En 1933 fuxiu da Alemaña nazi establecéndose no Reino Unido, onde traballou no departamento de desenvolvemento da British Thomson-Houston Company en Rugby, situada no condado de Warwickshire. En 1948 ingresou no Imperial College de Londres e no 1958 accedeu a unha praza de profesor de física aplicada, que ocupou ata a súa xubilación no ano 1967.

Gabor morreu o 9 de febreiro de 1979 na cidade de Londres, cidade onde fixara a súa residencia.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Tras iniciar as súas investigacións no mundo da óptica con traballos sobre o osciloscopio e o tubo de raios catódicos, en1947 inventou un sistema fotográfico denominado holografía. Este sistema consistía en crear imaxes sobre apoio plano que por ilusión óptica parecen ser tridimensionais, pero a súa comercialización e éxito non foi efectivo ata a invención no ano 1962 do láser, e a creación do primeiro holograma no ano seguinte. Pola invención da holografía, un grande avance tecnolóxico no mundo da fotografía, no 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Física.

Gabor tamén investigou o xeito no cal se comunican e escoitan os seres humanos. O resultado destes traballos foi a primeira teoría da síntese granular, termo creado polo músico grego Iannis Xenakis. Foi o introdutor do denominado concepto de Filtro de Gabor, unha variante local da Transformada de Fourier, moi utilizada hoxe en día no mundo das telecomunicacións e procesamento de imaxes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]