Corneta
Corneta | |
---|---|
Información | |
Clasificación | vento metal |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados | |
Músicos notables |
A corneta é un instrumento musical de vento metal que imita a forma dun corno animal e é utilizada principalmente no jazz e na música clásica, principalmente no século XIX en bandas militares europeas.
Características
[editar | editar a fonte]O son prodúcese grazas á vibración dos beizos do intérprete na parte denominada bocal a partir da columna do aire (fluxo do aire).
Antigamente utilizábase para dar o toque ás tropas de infantaría do exército e nos carnavais. Tal como a trompeta, a corneta está formada por tres válvulas que permiten ó músico executar diferentes tons.
No jazz foi moi utilizada durante o New Orleans, aínda que logo foi suplantada pouco a pouco pola trompeta, pero aínda utilízase.
Actualmente goza de gran popularidade nas Bandas de Cornetas e Tambores que principalmente participan na Semana Santa en similitude ás bandas de carácter militar. Nestes casos a corneta acostuma utilizarse sen pistóns ou válvulas, ou cun ou dous transpositores.
Cornetistas destacados
[editar | editar a fonte]- Herbert L. Clarke
- Nat Adderley
- Bix Beiderbecke
- Bobby Hackett
- Don Cherry
- Enrique Norris
- Wild Bill Davison
- Louis Armstrong
- Graham Haynes
- George McCullum