[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Beizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beizo
Beizos dunha muller
Latín labia oris
MeSH D008046

Os beizos[1] son a porta de entrada do aparello dixestivo e a apertura anterior da boca. Presentan unha porción muscular central, de músculo esquelético, recuberta por fóra por pel e por dentro por unha mucosa.

A porción muscular central corresponde a músculo estriado voluntario, recuberto pola súa banda externa por pel, constituída por epiderme, derme e hipoderma, e pola súa banda interna por unha mucosa, constituída por un epitelio de revestimento, unha lámina propia e unha submucosa. O beizo é un repregamento musculocutáneo membranoso. Para diferenciar nun corte a pel da mucosa débense visualizar os folículos pilosos. Ademais, o epitelio da mucosa é máis alto.

Beizo superior

[editar | editar a fonte]

Na zona central elévase un nódulo redondeado chamado tubérculo. Por enriba do nódulo atópase unha depresión chamada filtro. Desde as ás do nariz ás comisuras dos beizos atópanse uns sucos chamados sucos nasolabiais.