[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cesáreo Rivera Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCesáreo Rivera Pérez
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 1972 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo

Cesáreo Rivera Pérez, nado no Carballiño o 9 de marzo de 1940, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Sporting da súa vila natal e despois dun paso polo Santiago fichou polo CD Ourense, por aquel entón na Terceira División. Tras un intento frustrado de fichaxe polo Celta de Vigo ficha polo Sevilla FC na tempada 1960/61. Xogou no equipo sevillano cinco anos a moi bo nivel, chegando a disputar a Recopa de Europa.

No verán de 1965 finalmente ficha polo Celta de Vigo pese a estar este en Segunda División e ter ofertas de equipos de Primeira División coma o Atlético de Madrid.

Co Celta xogou catro tempadas en Segunda División, viviu o ascenso a Primeira, a salvación do descenso na última xornada ante o Deportivo da Coruña e finalmente o debut en competición europea, na Copa da UEFA na tempada 1970/71.

Durante a súa traxectoria no Celta, foi titular e non sufriu ningunha lesión. Tivo unhas boas cifras goleadoras, proclamándose máximo goleador da Segunda División na tempada 1967/68, xunto co tamén celtista Abel Fernández con 17 goles cada un.

Retirouse do fútbol xogando no Celta no ano 1972.