[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Castelo de If

Castelo de If
monumento histórico clasificado e monumento histórico inscrito

Castelo de If.
Coordenadas43°16′47″N 5°19′31″L / 43.279861111111, 5.3251388888889
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O castelo de If é unha fortificación francesa edificada entre 1527 e 1529 sobre unha pequena illa do arquipélago de Frioul, na baía de Marsella. Deveu famoso por ser o lugar no que Alexandre Dumas situou a prisión do conde de Montecristo, protagonista da novela Le Comte de Monte-Cristo.

Antes do castelo

[editar | editar a fonte]

Na illa de If fixo escala no ano 1516 unha nave portuguesa que transportaba desde Lisboa ata Roma ao soado rinoceronte indio que o rei Manuel I de Portugal recibira do rei de Guzarat e ofrecía ao papa León X.[1] Este rinoceronte foi espectacular no seu momento, xa que a vista destes animais era algo pouco común. Fóra diso algúns elefantes dados como agasallos a varios reis e grandes magnates europeos (como Abul Abbas, o elefante de Carlomagno, ou o Elefante de Cremona que o sultán Al-Kamil regalou ao emperador Federico II), non se vían elefantes no continente. Francisco I de Francia desprazouse ata aquí xunto co seu corte para poder velo (máis tarde o animal re-emprendeu a súa viaxe, aínda que lamentablemente naufragou ante a costa de Liguria).

A construción

[editar | editar a fonte]
Modelo a escala (1681).

En 1527, posto que a cidade de Marsella fora asediada en 1524 polo condestable Carlos III de Borbón, ao servizo do emperador Carlos V de España; Francisco I de Francia deu ordes de construír a fortificación, coa finalidade de protexer mellor a cidade de Marsella caso dun novo ataque procedente do mar.

Respecto das razóns para a construción da fortificación, algúns emiten outra hipótese diferente, a de que Francisco I faría construír a fortificación para vixiar á cidade de Marsella, incorporada á coroa francesa tan só 35 anos antes, co que as hipotéticas ameazas españolas non serían senón un pretexto. Efectivamente, o alcance dos canóns da época non permitiría que os do forte alcanzasen a uns hipotéticos sitiadores por terra, ademais da debilidade construtiva do castelo, que non lle permitiu gran resistencia aos ataques inimigos. Con todo, un forte deste tipo impedía as saídas e entradas de naves desde o porto de Marsella (as naves fondeadas quedaban baixo o tiro dos seus canóns), á vez que podía bombardear as fortificacións da cidade en apoio de tropas de sitio da mesma.

Coñecendo a hostilidade dos marselleses respecto da fortificación, a construción fíxose parcialmente coa re-utilización pedras de igrexas e conventos en ruínas, aínda que tamén se utilizaron perpiaños extraídos dunha canteira no propio lugar, onde hoxe en día segue sendo posible ver restos das marcas deixadas polas ferramentas dos canteiros. Tamén se aproveitaron restos da destrución provocada polo sitio dos exércitos españois.

Aínda que desde 1521 a illa xa acollía a un prisioneiro, o cabaleiro Anselmo, houbo que esperar ata o século XVII para que a illa convertésese nunha prisión estatal.

Os muros do castelo atópanse recubertos de graffitis e todo tipo de inscricións dos antigos internos do mesmo.

Véxase unha relación dalgúns prisioneiros soados ou lendarios, xunto a lendas e outros mitos:

Un faro e unha prisión museo

[editar | editar a fonte]

A prisión converteuse finalmente nun lugar de atracción turística, e uns barcos enlazan habitualmente coa illa partindo do Vieux-Port de Marsella.

Ata o ano 1950, un fareiro e a súa familia tiñan residencia na illa.

Castelo de If e o seu faro, coas illas de Tiboulen e Pomègues do arquipélago das Frioul (visto desde a corniche Kennedy de Marsella).
  1. Jean Pierre Papon (1786). Moustard, ed. Histoire générale de Provence. p. 33. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]