[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Castelán dominicano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán dominicano
Outros nomes:Español dominicano
Falado en: República Dominicana
Total de falantes: 11 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán dominicano
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: República Dominicana
Regulado por: Academia Dominicana da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán dominicano é a variedade da lingua castelá ou español falado na República Dominicana. Ao igual que o resto de variedades do castelán caribeño, distínguese por unha fonética moi semellante á do dialecto andaluz.[2] Este ten certas distincións segundo os grupos socioculturais do país.[3]

Caracterízase principalmente polo uso dalgúns elementos antigos e o apego ás formas tradicionais, o cal maniféstase na conservación de palabras pouco empregadas noutros lugares, como bravo (‘anoxado’), dilatarse (‘demorarse’), bregar (‘traballar’), musaraña (‘xesticulación burlesca’), prieto (‘negro, de cor escura’).[4][5] Asemade é unha tendencia a redución fonética[4] na cal é frecuente eliminar o /s/ ao final das sílabas e as palabras, un exemplo disto é dicir ete no canto de este, ou no canto de más.[6][4]

O castelán dominicano ten as súas raíces principais nos dialectos das rexións españolas de Andalucía e as Canarias.[7] Aínda que posúe influencia africana e indíxena no seu vocabulario[8] a presenza africana no léxico é menor á indíxena[9] e esta á súa vez é insignificante na pronuncia e nas estruturas morfosintácticas.[10]

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. Henríquez Ureña, Pedro (28 Feb 2007). "CAPÍTULO II EL PAPEL DE SANTO DOMINGO EN LA HISTORIA LINGÜÍSTICA DE AMÉRICA". En Coni, 1940. El español en Santo Domingo, Volumen 5. p. 40. 
  3. Orlando., Alba, (2004). "Introducción". Cómo hablamos los dominicanos: un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 22. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Alba, Orlando (2004). "Introducción". En Grupo León Jimenes, 2004. Cómo hablamos los dominicanos: un enfoque sociolingüístico. p. 15. ISBN 9993491357. 
  5. Orlando., Alba, (2004). "Apéndice 2: Bibliografía del español dominicano". Cómo hablamos los dominicanos: un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 357. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  6. Orlando., Alba, (2004). "Rasgos fonéticos: la pronunciación". Cómo hablamos los dominicanos : un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 63. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  7. Orlando., Alba, (2004). "Introducción". Cómo hablamos los dominicanos : un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 16. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  8. Orlando., Alba, (2004). "Introducción". Cómo hablamos los dominicanos : un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 17-18. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  9. Orlando., Alba, (2004). "Rasgos fonéticos: la pronunciación". Cómo hablamos los dominicanos : un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 176. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 
  10. Orlando., Alba, (2004). "Rasgos léxicos: el vocabulario". Cómo hablamos los dominicanos : un enfoque sociolingüístico. Grupo León Jimenes. p. 167. ISBN 9993491357. OCLC 56353043. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]