[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Casa de Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas da casa de Anjou tal como figuran no escusón do Escudo de España actual.

Coñécese como casa de Anjou ou dinastía Anxevina a tres dinastías de orixe francesa, das que se orixinaron distintas casas reais. En todos os casos a casa toma o nome do Condado de Anjou, cuxo título ostentaban os tres fundadores. Distintos membros das casas de Anjou chegaron a reinar en Xerusalén, Inglaterra, Sicilia, Nápoles, Hungría e Polonia.

Primeira casa de Anjou

[editar | editar a fonte]

A primeira casa de Anjou orixinouse no Condado de Anjou, ao oeste de Francia. Considérase a Fulco III, o Negro, cuarto conde de Anjou (Andegavensium comes), como o fundador da dinastía. A casa dividiuse en dúas ramas: unha reinou en Xerusalén, e a principal en Inglaterra (Plantagenet).

Condes de Anjou

[editar | editar a fonte]

Reis de Xerusalén

[editar | editar a fonte]
Armas do Reino de Xerusalén

En 1129 Fulco V de Anjou casou con Melisanda, única filla de Balduíno II de Xerusalén, deixando o Condado de Anjou ao seu fillo Godofredo. Á morte de Balduíno en 1131 converteuse no rei Fulco I.

Reis de Inglaterra

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Casa de Plantagenet.
Armas de Godofredo V de Anjou
Armas dos Plantagenet entre 1199 e 1340

En 1127, Godofredo, fillo de Fulco V de Anjou, casou con Matilde, única filla do rei Henrique I de Inglaterra. Cando, en 1129, Filipe V casou con Melisenda de Xerusalén, deixou o Condado a seu fillo, Godofredo V.

En 1135, tras a morte de Henrique I, Estevo de Blois, sobriño do rei, fíxose coroar rei de Inglaterra. As loitas entre os partidarios de Estevo e os de Matilde levaron a unha guerra civil, coñecida como a "anarquía inglesa".

En 1151 Henrique I herdou o Condado de Anjou, tras a morte de seu pai Godofredo V. En 1153 Estevo asinou o tratado de Wallingford, polo que designaba como seu sucesor a Henrique, que sería coroado como Henrique II de Inglaterra. A herdanza combinada de Henrique, ademais dos territorios que foi incorporando por matrimonio ou conquista, formarían o que se denomina Imperio Anxevino.

En Inglaterra, a dinastía Anjou comezou a ser coñecida como dinastía Plantagenet, debido a unha característica da vestimenta de Godofredo V de Anjou. O conde levaba sempre no gorro unha ramiña de xesta (ou Genista), en francés genêt, o que lle valeu o alcume de Godofredo "Plantagenet". Desde entón, a casa pasou a ser coñecida como dos Plantagenet.

En 1455 estalou a guerra das dúas rosas que enfrontou a dúas ramas da dinastía Plantagenet, a casa de Lancaster (reinante) e a casa de York. Finalmente, Eduardo de York (tataraneto de Eduardo III) converteuse en rei. A casa de York ostentou a coroa inglesa até a batalla de Bosworth (1485), na que o rei Ricardo III foi derrotado e morto polo exército de Henrique Tudor (descendente ilexítimo de Eduardo III). Tras a batalla, Henrique foi coroado rei, acabando así a casa de Plantagenet e naciendo a de Tudor.

Casa de Anjou-Sicilia ou casa Capeta de Anjou

[editar | editar a fonte]
Armas de Carlos I de Sicilia

En 1203 Filipe II de Francia conquistou os territorios que tiña en Francia o rei inglés (daquela Xoán I), entre eles o Condado de Anjou, que pasou ao patrimonio da coroa francesa.

En 1246 Lois IX de Francia concedeu os Condados de Anjou e do Maine ao seu irmán Carlos, que se converteu no fundador da segunda casa de Anjou. Cos netos de Carlos, a dinastía dividiuse en varias ramas: os Anjou-Sicilia (rama principal que reinou en Nápoles), os Anjou-Durazzo, os Anjou de Hungría e os Anjou-Taranto.

Reis de Nápoles

[editar | editar a fonte]

En 1265 o papa Clemente IV concedeu a Carlos de Anjou o Reino de Sicilia (que comprendía tamén o Reino de Nápoles), cuxa coroa ostentaban os Hohenstaufen, inimigos do papa polas loitas entre güelfos e xibelinos. O 26 de febreiro de 1266, na batalla de Benevento, o rei Manfredo I de Hohenstaufen foi derrotado e morto. Tras a batalla Carlos foi coroado rei de Sicilia.

Armas dos Anjou-Sicilia a partir de Carlos II

O 30 de marzo de 1282 a cidade de Palermo, capital do Reino, rebelouse contra os franceses e masacrou a gornición de Carlos (Vésperas sicilianas). A rebelión estendeuse por toda a illa e os franceses foron expulsados. O pobo solicitou a axuda de Pedro III de Aragón, que foi coroado como rei de Sicilia, producíndose a división deste Reino entre o Reino de Sicilia peninsular, ou da Sicilia citerior (Reino de Nápoles), baixo dominio anxevino, e o Reino de Sicilia insular (Reino de Sicilia), baixo dominio aragonés. Desde entón, Carlos e os seus descendentes só reinaron sobre o Reino de Nápoles.

  • Carlos I (1282 - 1285)
  • Carlos II (1285 - 1309)
  • Roberto I (1309 - 1343)
  • Xoana I (1343 - 1382)
    • A morte de Xoana I provoca unha guerra de sucesión entre o seu primo Carlos de Anjou-Durazzo e o seu fillo adoptivo Lois (pertencente á terceira casa de Anjou). Tras da morte de Lois en 1384, Carlos proclamouse rei. Mentres, os descendentes de Lois convértense en reis titulares.

Rama Anjou-Durazzo

[editar | editar a fonte]
Armas dos Anjou-Durazzo a partir de Carlos III de Nápoles

A rama Anjou-Durazzo reinou sobre Nápoles tras a guerra de sucesión. O seu fundador foi Xoán I de Anjou, duque de Durazzo, fillo de Carlos II de Nápoles. Seu neto Carlos converteuse en rei de Nápoles tras a morte de Xoana I.

Xoana II morreu sen herdeiros, acabando con ela a rama Anjou-Durazzo. Designou como herdeiro a Renato (I) de Anjou, neto do pretendente Luís (I) e, polo tanto, membro da terceira casa de Anjou.

Reis de Hungría (rama Anjou-Hungría)

[editar | editar a fonte]

Tras a morte sen descendencia de Ladislau IV de Hungría en 1290, dous homes disputaron o trono: André (tío segundo do rei) e Carlos Martel de Anjou (fillo de Carlos II de Nápoles e María de Hungría, raíña de Nápoles, irmá de Ladislau IV). André converteuse finalmente en rei, pero a súa morte sen descendencia provocou que a coroa recaese en Carlos Roberto, fillo de Carlos Martel de Anjou.

Armas de Carlos I Roberto de Hungría
  • Carlos Martel (pretendente e despois rei titular). Reclamou o trono húngaro ao ser herdeiro da casa de Árpad por vía materna como fillo de María de Hungría, raíña de Nápoles.
  • Carlos I Roberto (1308 - 1342). Fillo de Carlos Martel de Anjou. Conseguiu obter o trono húngaro e someteu aos poderosos nobres húngaros, poñendo orde no Reino.
  • Lois I (I de Polonia) (1342 - 1382). Fillo de Carlos Roberto. Foi un dos reis máis importantes do medievo húngaro. Durante a súa época o Reino estivo na súa "época duorada".
  • María I (1382 - 1385). Filla de Lois I e última herdeira directa dos Anjou en Hungría.
    • Carlos II de Hungría (Carlos III de Nápoles), pertencente á rama Anjou-Durazzo, que foi chamado pola nobreza húngara e proclamado rei de Hungría en 1385, xa que era o único parente varón de Lois I. Foi asasinado en 1386 polos nobres aliados da raíña consorte Isabel Kotromanić (viúva de Lois I).
  • María I (1386 - 1395)
    • Ladislau I de Nápoles (antirei contra Sexismundo de Hungría). Fillo do asasinado Carlos II, reclamou o trono húngaro e foi coroado provisionalmente en Zarad en 1403. Aínda que nunca exerceu o poder en Hungría, non renunciou ao título de rei, que conservou até a súa morte en 1414. Ao non ser considerada a súa coroación como lexítima, este monarca non se conta oficialmente entre os reis húngaros.

Reis de Polonia

[editar | editar a fonte]

Tras a morte sen descendencia de Casimiro III de Polonia en 1370, o trono foi herdado polo seu sobriño Lois I de Hungría (o fillo da súa irmá Isabel Łokietek).

  • Lois I (I de Hungría) (1370 - 1382). Reinou até a súa morte como rei de Polonia.
  • Eduvixe I (1382 - 1399). Ao non deixar herdeiros varóns o rei Lois I, a súa filla María I de Hungría herdou a coroa húngara e a súa filla Eduvixe a polaca; ambas as dúas contraeron matrimonio con influítes monarcas que eventualmente as desprlazaron e fundarían novas dinastías (Sexismundo de Luxemburgo e Ladislau II, respectivamente).

Emperadores titulares do Imperio Latino (rama Anjou-Taranto)

[editar | editar a fonte]
Armas dos Anjou-Taranto

En 1313 Filipe de Anjou, príncipe de Taranto e fillo de Carlos II de Nápoles, casou con Catarina de Valois-Courtenay, emperatriz titular do Imperio Latino.

  • Filipe I de Taranto (1313 - 1332)
    • Xunto á súa esposa Catarina (1308 – 1346)
  • Roberto de Taranto (1346 - 1364)
  • Filipe II de Taranto (1364 - 1373)
  • Xaime de Baux (1373 - 1383). Por ser fillo de Francisco de Baux, non pertence directamente á casa de Anjou, pero era sobriño de Roberto e Filipe II de Tarento, e fillo de Margarida de Taranto, irmá de ambos.
    • Tras a morte de Xaime I, o título pasa a Lois de Anjou, pretendente ao trono de Nápoles e membro da terceira casa de Anjou, aínda que nin el nin os seus descendentes chegaron a usalo.

Terceira casa de Anjou ou casa de Anjou-Valois

[editar | editar a fonte]
Armas dos Anjou-Valois desde 1382 até 1434

O título do Condado de Anjou foi o dote de Margarida de Anjou, filla de Carlos II de Nápoles. Así, o Condado pasou ao seu marido Carlos de Valois. Ao morrer Carlos, o título pasou ao seu fillo Filipe, que se convertería en Filipe VI de Francia. O Condado volvía así, de novo, ao patrimonio da coroa francesa.

En 1356 Xoán II de Francia concedeu os Condados de Anjou e do Maine ao seu fillo Lois, que foi o fundador da terceira casa de Anjou. En 1360 Anjou foi elevado a Ducado.

Xoana I de Nápoles adoptou a Luís para deixarlle as súas posesións, pero á morte da raíña, Luís tivo que loitar contra o outro pretendente, Carlos (pertencente á rama Anjou-Durazzo) que, tras a morte de Luís en 1384 puido reinar efectivamente. Desde entón, os descendentes de Luís foron só reis titulares, excepto no breve reinado de Renato I.

Reis titulares de Nápoles

[editar | editar a fonte]

Xenealoxías da segunda e da terceira casa de Anjou

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dinastía Anjou-Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dinastía Capeta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois IX de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos II de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Filipe III de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos Martel de Anjou-Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
Roberto I de Nápoles
 
 
 
 
 
 
Filipe I de Taranto
 
 
 
 
 
Xoán I de Durazzo
 
Margarida de Anjou
 
 
 
Carlos de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dinastía Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos I Roberto de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
Carlos de Calabria
 
 
 
 
Luís de Taranto
Filipe II de Taranto
Roberto de Taranto
 
 
Carlos de Durazzo
Lois de Gravina
 
 
Filipe VI de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois I de Hungría
André I de Nápoles
 
 
 
Xoana I de Nápoles
 
 
 
 
María de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos III de Nápoles
 
 
Xoán II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Dinastía Valois-Anjou
 
 
 
 
Dinastía Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
María I de HungríaEduvixe I de Polonia
 
Carlos Martel de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Margarida de Durazzo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois I de Anjou
 
 
 
 
Carlos V de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ladislau I de Nápoles
 
Xoana II de Nápoles
 
 
Lois II de Nápoles
 
 
 
 
Carlos VI de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois III de Nápoles
Renato I de Nápoles
Carlos IV de Maine
María de Anjou
 
 
 
Carlos VII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos V de Maine
 
 
 
Lois XI de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos VIII de Francia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]