[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lois III da Provenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lois III de Nápoles»)
Modelo:BiografíaLois III da Provenza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1403 Editar o valor en Wikidata
Angers, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1434 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Cosenza, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Duque de Anjou
Pretender to the Aragonese throne (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuke of Calabria (en) Traducir (1423–1434)
Count of Provence and Forcalquier (en) Traducir (1417–1434)
Duque de Anjou (1417–1434) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Valois-Anjou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargarida de Savoia (duquesa de Anjou) Editar o valor en Wikidata
PaisLois II de Nápoles Editar o valor en Wikidata  e Iolanda de Aragão Editar o valor en Wikidata
IrmánsRenato I de Nápoles
Carlos, Conde de Maine
María de Anjou
Iolanda de Anjou Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Anjou-318

Lois III da Provenza, coñecido como Lois de Calabria ata a morte do seu pai, para diferencialo deste, tamén chamado Lois de Anjou, nado en 1403 e finado en Cosenza, Italia, en 1434, foi conde da Provenza, duque de Anjou e rei titular de Nápoles (1417 - 1434), e duque de Calabria (1426 - 1434).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Primeiro fillo de Lois II da Provenza e Iolanda de Aragón, herdou o condado da Provenza así como os dereitos sobre o reino de Nápoles á morte do seu pai.

Como neto de Xoán I de Aragón, foi pretendente á Coroa de Aragón á morte de Martiño o Humano. O seu partido formouse arredor da súa avoa Iolanda de Bar, viúva de Xoán I, e cando a súa candidatura non prosperou, pasou a apoiar a Fernado de Antequera.

Ascenso ao trono

[editar | editar a fonte]

O 4 de decembro de 1419 foi coroado rei de Nápoles polo papa Martíño V, coa oposición dos seus parentes Anjou-Durazzo.

As disputas entre as dúas ramas familiares sobre os dereitos dinásticos do Reino de Nápoles remóntanse á morte da raíña Xoana I de Nápoles sen descendencia directa. A adopción de Lois de Anjou por parte de Xoana I como herdeiro do trono da Provenza e Nápoles non satisfixo as aspiracións do seu curmán Carlos de Durazzo, o futuro Carlos III de Nápoles, e durante cincuenta anos houbo dúas liñas reais en Nápoles.

En alianza con Milán e Venecia, Lois III conseguiu a reconciliación con Xoana II de Nápoles e en 1423 nomeouno herdeiro directo. Pero este feito provocou unha nova disputa, xa que anteriormente (1421) a raíña Xoana adoptara a Afonso IV o Magnánimo como o seu sucesor. Esta disputa co Conde-Rei catalán trasladouse ata a veciña Provenza.[1]

En 1432 casou con Margarida de Savoia, filla de Amadeu VIII de Savoia. Non houbo fillos deste matrimonio, xa que Lois III morreu o 12 de novembro de 1434 vítima da malaria. Sen descendencia, o seu irmán Renato de Anjou foi nomeado herdeiro.

  1. Christian Maurel, «Le sac de la ville en 1423 et sa renaissance» en Marseille au Moyen Âge, entre Provence et Méditerranée. Les horizons d'une ville portuaire (en francés). Désiris. 2009. ISBN 978-2-915418-35-4.