Bob Weston
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Waltham, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Massachusetts Lowell |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de son, mastering engineer (en) , produtor musical, enxeñeiro |
Período de actividade | 1987 - |
Membro de | |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Bob Weston é un músico, produtor e técnico de son estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o baixista nas bandas Volcano Suns e Shellac, e por tocar tamén en Mission of Burma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Weston naceu e medrou en Waltham, Massachusetts. Durante os veráns de 1985 e 1987, marchou como corneta co famoso Garfield Cadets Drum and Bugle Corps de Garfield, New Jersey. A agrupación gañou a Drum Corps International World Championships neses dous anos. Weston aínda toca a trompeta, como fixo nos álbums The Sea and the Bells de Rachel's (1996) e Things We Lost in the Fire de Low (2001).
En 1988, obteu o grao de enxeñeiro eléctrico pola University of Lowell en Lowell, Massachusetts. Mentres traballaba na emisora da universidade, WJUL, comezou a mesturar actuacións ao vivo de bandas da zona de Boston, como The Pixies e The Blake Babies.
En 1987 Weston uniuse a The Volcano Suns, tocando o baixo. O grupo estaba liderado por Peter Prescott, que anteriormente fora o batería de Mission of Burma, separada en 1983.
Weston uniuse a Steve Albini e Todd Trainer na banda Shellac no ano 1991. Con Albini, Weston mellorou as súas habilidades de produción e comezou a gravar e a mesturar traballos de bandas como Sebadoh, June of 44, Polvo, The Coctails, Archers of Loaf, Chavez, Rachel's, Ken Vandermark e Rodan. Weston tamén foi o axudante de Albini no álbum de Nirvana In Utero. Porén, o traballo de gravación e mestura de Weston non se limita só á música e ten traballado ocasionalmente de freelance para a National Public Radio, sobre todo na comedia Wait, Wait, Don't Tell Me.
No ano 2002, Weston uniuse a recentemente retornada Mission of Burma, ocupando o lugar de Martin Swope como manipulador de son e técnico da banda. Bob aparece nos álbums ONoffON, The Obliterati e The Sound The Speed The Light.
A principios do 2007, Weston fundou Chicago Mastering Service, con Jason Ward.