[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Atilano Vecino Escuadra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtilano Vecino Escuadra
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Coreses, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 1994 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo


Atilano Vecino Escuadra, nado en Coreses (provincia de Zamora) o 18 de agosto de 1958, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comeza a xogar no equipo da súa vila natal e en 1980 fiha polo Zamora CF de Segunda División B e ao ano seguinte polo UD Melilla, na mesma categoría. Xa comezada tempada 1982-83 ficha polo Celta de Vigo de Segunda División por un prezo de catro millóns e medio de pesetas. Debuta co equipo vigués o 31 de outubro de 1982 na vitoria do Celta ante o Real Betis. No encontro seguinte marcaría un gran gol ao FC Barcelona de Diego Armando Maradona que significou o 2-2 ante o equipo culé.

A partir do ascenso a Primeira División do ano 1992 comeza a perder peso no equipo en favor de xogadores máis novos como Xurxo Otero. Na súa última tempada en Vigo, a 1993-94, o equipo chegou á final da Copa do Rei, final que perdeu ante o Real Zaragoza.

Xogou doce tempadas no Celta de Vigo, nas que disputou 333 encontros e marcou 7 goles, sendo recordado súa contundencia en defensa, disciplina e regularidade. Ao deixar o Celta abandona o fútbol en activo, pasando a ocupar un posto como adxunto de prensa e no corpo técnico do club.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]