[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Asolagados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asolagados
Ficha técnica
DirectorDavid Vázquez Vázquez
ProdutorAiroá Comunicación, Pinancho Audiovisais
GuiónAfonso Eiré
MúsicaChechu Carballido, A Quenlla (grupo musical)
FotografíaHumberto Novoa
Duración60 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodocumental

Asolagados é un documental de 2013, producido por Airoá Comunicación - Pinancho Audiovisais e dirixido por David Vázquez Vázquez, con guión de Afonso Eiré.

Documental sobre a xente e os lugares (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Ermida, Ribó, Ponte Fortes...), anegados polo encoro de Belesar en 1963.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

As imaxes do equipo Coa auga ao pescozo[3] reflicten a Ribiera Sacra e o Río Miño, os restos de casas, adegas, eidos e como sufriu a contorna natural ao desapareceren árbores e plantas. Dez testemuñas que viviron nos lugares contan como o viviron e tiveron que fuxir cara a outros sitios. David Vázquez aproveitou o baleirado temporal dotramo do Miño durante os anos 2011 e 2012 para gravar o que nunca antes se vira en cincuenta anos.[4]

Estivo en aberto durante tres meses na canle Vimeo da Deputación de Lugo[5], desde onde se animou á cidadanía a descubrir “un traballo excepcional ao redor dun suceso que forma parte da nosa historia” e que hoxe, á vista do que está a acontecer coa suba da luz, ofrece tamén unha oportunidade para tirar conclusións sobre como dende o Estado se repartiron e reparten os custos e os beneficios da produción de enerxía eléctrica en Galiza”.[6]

Colaboradores:

  • Dirección e montaxe: David Vázquez
  • Produción e promoción: Cristina López (Kris Pereira´s)
  • Cámara: Humberto Novoa
  • Son: Luis A. García Linares
  • Guión: Afonso Eiré
  • Música: Chechu Carballido e A Quenlla (música orixinal)
  • Locución: Fernando Morán
  • Deseño de carteis: Lomarti
  • Deseño gráfico e créditos: Alba Sánchez
  • Colaboración produción: Mercedes Vázquez e Begoña Sánchez

O documental tivo unha grande acollida en festivais como o 18º Cinema As Américas International Film Festival de Austin Texas ou o festival de cinema underground de Berlín entre outros.

En agosto de 2024 presentouse en Chantada Recordos Asolagados, unha curta de15 min con fragmentos do proxecto.

  • Premio Xornalístico Documental Moncho Do Pio 2014.[7]
  • Rios - Festival Internacional de Cinema Documental e Transmedia Vila Real (Portugal) 2015.
  1. "Asolagados (2013)" (en castelán). Consultado o 2022-05-04. 
  2. "A memoria das aldeas anegadas polo encoro de Belesar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-05-04. 
  3. Rodil, Ana (2013-08-10). "David Vázquez: Hai xente que non superou que a súa casa quedase debaixo da auga, que hoxe aínda chora". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-05-04. 
  4. Cortés, Carlos (2014-09-26). "David Vázquez: «Estamos subtitulando 'Asolagados' en inglés para enviar o documental a máis festivais»". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-05-04. 
  5. Lemos, Diario de (2021-09-20). "El documental 'Asolagados', de David Vázquez, disponible en el canal de Vimeo de la Diputación". Diario de Lemos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-04. 
  6. "DOCUMENTAL “ASOLAGADOS” , DE DAVID VÁZQUEZ, PODERASE VER NA CANLE DE VIMEO DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN". encomun.es. Consultado o maio 2022. 
  7. "Moncho do Pío". Biblioteca Pública Municipal de Chantada. Consultado o 2022-05-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]