[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Anemia perniciosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A anemia perniciosa (tamén coñecida coma Anemia aquílica macrocítica, Anemia perniciosa Conxénita, Anemia perniciosa xuvenil, Deficiencia de vitamina B12 (malabsorción)) é un tipo de anemia megaloblástica que é causada pola carencia de vitamina B12[1] que pode afectar a persoas que seguen unha dieta estritamente vexetariana ou, principalmente, a aqueles que presentan deficiencias do factor intrínseco, un produto químico segregado pola mucosa da membrana do estómago que facilita a absorción da vitamina, que é necesaria tamén para a formación dos glóbulos vermellos.

A vitamina B12 é necesaria para que as células nerviosas e sanguíneas funcionen de maneira axeitada, de tal forma que a súa deficiencia pode ocasionar unha ampla variedade de síntomas, incluíndo fatiga, dificultade para respirar, sensación de formigueo, dificultade para camiñar e diarrea.

Non se coñece o motivo da ausencia do factor intrínseco, aínda que pode deberse a unha deficiencia xenética ou a unha enfermidade autoinmune. Afecta principalmente aos adultos entre os 50 e 60 anos de idade, aínda que tamén se pode presentar unha forma xuvenil da enfermidade nos nenos, a anemia perniciosa, polo xeral, non aparece antes dos 30 anos. Pode afectar a todos os grupos raciais, mais a incidencia é maior nas persoas con descendencia escandinava ou europea nórdica.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Os seguintes síntomas poden ser indicio dunha anemia perniciosa:

Complicacións

[editar | editar a fonte]

As persoas con anemia perniciosa poden presentar pólipos gástricos, se o tratamento se retarda poderían producirse defectos neurolóxicos persistentes. Ademais, a deficiencia de vitamina B12 incide sobre o aspecto de todas as células epiteliais, por isto, unha muller que non se trate podería obter un falso positivo na citoloxía vaxinal.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Obxectivos do tratamento:

  • corrixir a anemia e as posibles alteración epiteliais.
  • reducir os trastornos neurolóxicos e previr a súa aparición.
  • normalizar os depósitos de vitamina B12.

As inxeccións mensuais de vitamina B12 resultan o tratamento definitivo para corrixir a deficiencia, así mesmo, unha dieta equilibrada é esencial para proporcionar outros elementos como o ácido fólico, o ferro e a vitamina C para o desenvolvemento de glóbulos saudables.

  1. Elaine Nicpon Marieb e Katja Hoehn Human Anatomy & Physiology. Pearson Education, 7ª ed, 2007, páxina 655