[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Síntoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na literatura médica, síntoma é calquera alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo, do seu metabolismo, das súas sensacións, podendo ou non ser reflexo dun indicio de doenza.

Os síntomas son frecuentemente confundidos cos sinais ou signos, que son as alteracións percibidas ou medidas por outra persoa, xeralmente un profesional da saúde. A diferenza entre síntoma (por exemplo dor de cabeza) e sinal ou signo (por exemplo febre), é que o sinal é aquilo que pode ser percibido por outra persoa sen o relato ou comunicación do paciente e o síntoma é a queixa relatada polo paciente e que só el consegue percibir.

Caracterización dos síntomas

[editar | editar a fonte]
  • Cronoloxía: é a identificación dos aspectos relacionados co tempo e xeito de evolución dos síntomas como a hora do día, o día do ciclo menstrual etc;
  • Localización corporal: non só consiste en determinar o sitio exacto dos síntomas senón tamén a súa irradiación (cara onde se dirixe) e profundidade. Haberase de ter en mente que as persoas nomean as partes do seu corpo de xeito diferente, conforme o seu propio coñecemento.
  • Cualidade: é un dos aspectos máis difíciles de determinar e moitas veces hai que botar man de comparacións totalmente subxectivas e cunha alta variación individual en canto ás súas percepcións (por exemplo, a sensación de frío ou calor é totalmente diferente nunhas persoas e noutras).
  • Cantidade: é a descrición da intensidade, frecuencia, número de veces en que o fenómeno aconteceu, intervalo entre os episodios, volumes de secrecións, edemas etc.
  • Circunstancias: nas que o síntoma ou síntomas ocorren, e a actividade que se exerce no momento que aparece, exposición a factores ambientais, alimentación.
  • Factores agravantes ou atenuantes: que fan empeorar ou mellorar o síntoma, son importantes para o diagnóstico da doenza, polo que constitúen unha parte vital do síntoma.
  • As manifestacións asociadas tamén poden axudar.

Exemplos de síntomas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. López, M., Laurentis, J.M.; Semiologia Médica, livraria Atheneu, Livraria Interminas, 1988.
  2. Surós, J.Semiologia Médica e Técnica Exploratória, Guanabara koogan, 1981.