[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andrii Shevchenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrii Shevchenko

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Андрій Шевченко Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(uk) Андрій Миколайович Шевченко Editar o valor en Wikidata
29 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Dvirkivshchyna, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, dirixente futbolístico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocial Democratic Party of Ukraine (united) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUcraína Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaCampeonato Ucraniano de Futebol - Segunda Divisão (pt) Traducir, Premier Liha, Lega Calcio Serie A e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1999 FC Dynamo Kyiv 117(60)
1999–2006   A.C. Milan 208(127)
2006–2009   Chelsea F.C. 48(9)
2008–2009 cesión   A.C. Milan 18(1)
2009–2012 FC Dynamo Kyiv 55(23)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1995   Ucraína sub-21 7(6)
1994–1995   Ucraína sub-29 8(5)
1995–2012   Ucraína 111(48)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2021   Ucraína
2021–2022   Genoa CFC Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKristen Pazik (2004–) Editar o valor en Wikidata
FillosKristian Shevchenko Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2324683 Facebook: shevaofficial Twitter: jksheva7 Instagram: andriyshevchenko BNE: XX4608968 FIFA: 158386 UEFA: 24271 Editar o valor en Wikidata

Andrii Mikoláiovich Shevchenko (en ucraíno: Андрій Миколайович Шевченко), nado en Dvirkivshchyna, Ucraína, o 29 de setembro de 1976, é un exfutbolista e adestrador ucraíno. Dende 2016 adestra a selección de Ucraína.

Debutou no Dinamo de Kíiv, co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da Liga de Campións da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en 1999. Tras boas actuacións fichou no AC Milán en xuño de 1999 por 26 millóns de euros, unha cifra récord para un xogador ucraíno.

Foi o máximo goleador na súa primeira tempada na Serie A 1999-00. Foi no seu día máximo goleador da Champions League, con 53 goles. O gol co que Shevchenko impuxo a marca, foi contra Oliver Kahn, gardameta do Bayern Múnic. Superando ó anteriormente máximo goleador Raúl González (52). Tamén foi o máximo goleador na tempada 2003-2004 con 24 goles o cales axudaron ó Milan a gañar por décimo sétima vez a Serie A.

No 2003 gañou a Liga de Campións co AC Milán, anotando o penalti que lle deu a vitoria. Fíxose tamén co Scudetto na tempada 2003-04 e co Balón de Ouro en 2005.

Caracterízase pola súa velocidade, potencia e precisión nos remates a porta, e é un dos mellores dianteiros de toda Europa. Shevchenko, conseguiu se-lo mellor xogador da UEFA no 2004. Da súa man, a selección Ucraína xogou o seu primeiro mundial, onde compartiu grupo con España, Tunisia e Arabia Saudita. Anotou o seu primeiro gol nun mundial en Alemaña 2006, ante Arabia Saudita o 19 de xuño de 2006.

O 1 de xuño do 2006, o club londiniense Chelsea, fichou ao astro ucraíno por 51 millóns de euros. O dono do club londiniense, o multimillonario Roman Abramovic, sempre mostrou interese polo dianteiro, que marabillou ao club rossonero ó marcar 173 goles en 7 anos na entidade milanista, converténdose no segundo máximo anotador da historia do club. O xogador comentou que a súa decisión fora por motivos familiares, mais se di que Abramovic seduciuno cun grande cheque en libras esterlinas, amais da oportunidade de xogar a carón de estrelas coma Arjen Robben, Frank Lampard, Didier Drogba, Petr Čech, Joe Cole, John Terry e a nova adquisición dos blues, o mediapunta capitán da selección de Alemaña, Michael Ballack, procedente do Bayern Munich.