Ambliopía
Ambliopia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Neno con parche para ambliopía | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Ambliopía, ollo vago ou ollo preguiceiro é unha disfunción oftálmica caracterizada por unha diminución da agudeza visual de forma unilateral ou bilateral, sen que o ollo afectado presente anomalía estrutural. É a causa máis común de discapacidade visual en nenos e adultos novos e de mediana idade. Foi descrita por primeira vez en 1600.
Definición
[editar | editar a fonte]A ambliopía enténdese como a deterioración do desenvolvemento normal do sistema visual (véxase sistema visual) dun ollo (ou máis raramente os dous) durante o período de maduración do sistema nervioso central (especificamente para o sistema visual, a maduración do SNC esténdese até os 6-7 anos de idade), sen que exista ningunha lesión orgánica ou con lesión orgánica desproporcionada á intensidade da diminución da agudeza visual.
A baixa agudeza visual atopada na ambliopía débese ao desenvolvemento incompleto da visión foveal (ver fóvea), coa visión periférica preservada e o campo visual (v. campimetría ) e agudeza visual escotópica normal.
Causas e prevalencia
[editar | editar a fonte]A ambliopía pode ser causada por calquera condición que interfira co foco dos ollos durante a primeira infancia. Isto pode ocorrer debido á mala aliñación dos ollos, astigmatismo, miopía, nistagmo, hipermetropía ou opacidade do cristalino.[1] Aínda que se corrixa a causa subxacente, o foco non se restaura inmediatamente xa que o cerebro tamén está implicado neste mecanismo. Debido a que é unha condición difícil de detectar, recoméndase a realización de probas de visión para todos os nenos de entre 4 e 5 anos.
Nos nenos, maniféstase ao redor dos cinco anos. [2] Estímase que entre o 1 e o 5% da poboación adulta presenta este trastorno. Aínda que o tratamento mellora o foco, o ollo afectado non se pode corrixir completamente.
Tipos
[editar | editar a fonte]Basicamente, establécense os seguintes tipos de ambliopía, dependendo da causa responsable da deterioración da visión:
• Ambliopía por estrabismo : cando hai desharmonía entre os dous eixos visuais paralelos e este cambio é perenne. O estrabismo intermitente non leva a unha discapacidade grave. A visión foveal do ollo desviado será inferior á do ollo normalmente fixo a través da mácula.
• Ambliopía por ametropía: erros de refracción significativos e non corrixidos en ambos ollos impiden a formación dunha imaxe nítida, dificultando o pleno desenvolvemento da agudeza visual.
• Ambliopía por anisometropía: diferenzas superiores a 2,0 dioptrías entre os dous ollos, xa sexa por miopía, hipermetropía ou astigmatismo, poden favorecer unha interacción binocular anormal, provocando o fenómeno de supresión na visión do ollo máis ametrópico e a súa consecuente ambliopía.
• Ambliopía de privación (ou “ex-anopsia”): prodúcese pola existencia dunha barreira para a chegada da luz á retina en toda a súa intensidade, impedindo a formación dunha imaxe ben definida. As causas poden ser: leucoma corneal, catarata conxénita uni ou bilateral, ptose palpebral, opacidades vítreas, hifema, entre outras.
Tratamento
[editar | editar a fonte]A detección precoz axuda a un tratamento exitoso. Nalgúns casos, o uso de lentes é suficiente para corrixir a ambliopía. Porén, moitas veces é necesario un tratamento que obriga ao neno a usar só o ollo afectado. Isto faise usando un parche ocular adhesivo ou instilando atropina no ollo máis forte. Sen tratamento, a ambliopía adoita persistir na idade adulta, cando os tratamentos xa non son eficaces.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Facts About Amblyopia". 2013. Consultado o 17 de agosto de 2016.
- ↑ Jefferis et al 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ambliopía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gallegos-Duarte M. (2005). Maniobras exploratorias en la endotropía congénita. En: Temas selectos de estrabismo. Centro Mexicano de Estrabismo, S.C. México: Composición Editorial Láser. pp. 1-18.
- L., N. (2008). "Ambliopia". Pediatria Moderna 44 (2). ISSN 0031-3920. Consultado o 17 de agosto de 2016.[Ligazón morta]
- Bianchi, P.E.; Ricciardelli; Bianchi; Arbasini; Fazzi (2016). Fazzi, ed. Visual Impairments and Developmental Disorders: From diagnosis to rehabilitation Mariani Foundation Paediatric Neurology. Montrouge. ISBN 978-2-7420-1446-0.
- M., J. (2015). "Amblyopia". BMJ. 351:h5811. ISSN 1756-1833. Consultado o 17 de agosto de 2016.
- D.e., G. (2015). "The challenges of amblyopia treatment". Biomedical Journal 38 (6): 510–516. ISSN 2319-4170. Consultado o 17 de agosto de 2016.
- Mills, M.D. (2003). Schwartz, ed. The 5-minute Pediatric Consult. Filadélfia. ISBN 0-7817-3539-4.
- L., A. (2005). "Amblyopia: prevalence, natural history, functional effects and treatment" (PDF). Clinical and Experimental Optometry 88 (6): 365–375. ISSN 1444-0938. Consultado o 17 de agosto de 2016.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ambliopia (en portugués)
- Vision Therapy for Lazy Eye (en inglés);
- Convergence Insufficiency (en inglés);
- Detección precoz da ambliopía; Arquivado 01 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- 'Lazy eye' is treatable in teens (en inglés);
- Amblyopia (Lazy Eye) (en inglés)
- Guide To Eye Turns (en inglés)
- Amblyopia Foundation of America (en inglés)
- National Eye Institute Research News (en inglés) Arquivado 24 de setembro de 2009 en Wayback Machine.