Hipermetropía
Hipermetropía | |
---|---|
Hipermetropía e corrección con lente converxente. | |
Síntomas | Problemas de visión en distancias curtas |
Diagnóstico | Pór lentes ou operarse |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A hipermetropía é un defecto ocular da refracción que consiste en que os raios de luz inciden no ollo humano, converxendo detrás da retina, formando desta maneira o foco ou imaxe. É debida case sempre a que o ollo é moi curto no seu eixo antro-posterior.
É un defecto moi frecuente, aínda que non é progresivo nin ten repercusións graves. Trátase mediante o uso de lentes compensadoras converxentes ou convexas e/ou se corrixe con cirurxías refractivas a base de raios láser. A hipermetropía, a miopía e o astigmatismo son os principais defectos de refracción ou ametropías. A magnitude deste defecto mídese en dioptrías positivas.
Síntomas
[editar | editar a fonte]Unha persoa con hipermetropía ten problemas de visión a distancias curtas, podendo ver con maior claridade a distancias afastadas. O ollo non pode enfocar obxectos situados máis preto dunha determinada distancia, denominada punto próximo. Nunha persoa adulta sen defectos ópticos, o punto próximo sitúase a 25 cm do ollo. Nun hipermétrope o punto próximo desprázase a maiores distancias.
Os nenos hipermétropes non adoitan presentar diminución de agudeza visual, pois compensan o déficit mediante a acomodación (cambio de forma do cristalino). O continuo esforzo de acomodación pode producirlles dor de cabeza, fatiga visual (astenopia acomodativa) ou atrasos na aprendizaxe.[1]
Nos adultos, os síntomas característicos consisten en dificultade para a visión próxima, por exemplo para poder ler, e co paso dos anos aféctase tamén a visión afastada.
Tratamento
[editar | editar a fonte]Pódese tratar mediante o uso de lentes con lentes correctoras convexos ou positivas ou con lentes de contacto. O tratamento cirúrxico pode facerse actuando sobre a córnea con láser (LASIK, LASEK ou PRK), extraendo o cristalino e substituíndoo por unha lente intraocular, ou implantando unha lente intraocular especial (ICL) sen extraer o cristalino. [1] Corríxese cunha lente converxente , que fai que o foco da combinación da lente e o cristalino sitúese na retina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jack J. Kanski: Oftalmología clínica, 5.ª edición, 2004, ISBN 978-84-8174-758-4 (en castelán)