[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Akiva ben Iosef

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Akiva ben Joseph»)
Modelo:BiografíaAkiva ben Iosef

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) רבי עֲקִיבָא Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(he) עקיבא בן יוסף Editar o valor en Wikidata
c. 50 Editar o valor en Wikidata
Lod (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 135 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Cesarea Marítima (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, esfoladura Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTiberíades Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMishná (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, rabino Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNahum de Gimzo (pt) Traducir, Eliezer ben Hurcanus (pt) Traducir e Joshua ben Hanania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosShimon bar Yochai (pt) Traducir e Rabi Meir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRaquel Editar o valor en Wikidata
FillosJoshua ben Karha Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Aqiba (d. c. 135 BC))
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Akiva ben Iosef (en hebreo: עֲקִיבָא בֶּן יוֹסֵף), nado en Lod (Xudea) arredor de 50 e finado en Cesarea o 135,[1] tamén coñecido como Rabbi Akiva (en hebreo: רַבִּי עֲקִיבָא), foi un estudoso e sabio xudeu, un tanna, da última parte do primeiro século e comezos do segundo. Rabbi Akiva foi un contribuidor líder ao Mishnah e ao Midrash halakha. Tamén é recoñecido en ocasións pola redacción da versión de Abraham de Sefer Yetzirah, un dos textos centrais do misticismo xudeu. O Talmud refírese a el como Rosh la-Hakhamim "Xefe dos Sabios". Foi executado polos romanos como consecuencia da revolta de Bar Kokhba.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carécese de datos históricos seguros de Rabbi Akiva, alén do rico material dado por fontes rabínicas, fundamentalmente no Talmud. Akiva ben Iosef (escrito עקיבא no Talmud de Babilonia —Babli—, עקיבה no Talmud de Xerusalén —Xer.—, e tamén como עקביה), normalmente chamado simplemente Akiva, provén dunha familia máis ben humilde.[2] Un malentendido na comprensión do vocábulo Zekut Abot, unido a unha tradición relativa a Sísara, capitán do exército de Hazor, é a fonte doutra tradición que fai a Akiva descendente de Sísara. Segundo o Talmud o seu pai foi un prosélito chamado Iosef.

Sábese por tradición que Akiva foi na súa mocidade pastor de ovellas, ignorante das leis e tradicións, un «home do pobo» ou am ha-aretz.[3] Da súa esposa Raquel existen dúas citas; a máis aceptada identifícaa como filla de Kalba Sabua, un rico residente de Xerusalén, que rexeitou o seu xenro, mentres que a outra nomea como sogro un home común chamado Xosué.

Aos corenta anos de idade, sendo pai dunha familia numerosa, Akiva decidiu concorrer á academia da súa vila natal, Lod, dirixida por Eliezer ben Hircano, que foi a única persoa que Akiva logo designaba como «rabí» ("o meu gran mestre"). Estes datos son importantes para fixar a data do seu nacemento. Coñécese que nos anos 95–96 Akiva xa tiña gran prominencia,[4] e logo estudou trece anos antes de ser el mesmo rabí,[5] polo que o inicio dos seus anos de estudo debe ser arredor dos anos 75–80 d.C. Consecuentemente, se se acepta a tradición de que Akiva tiña 40 anos cando comezou os seus estudos da Torá, debeu nacer entre os anos 40 e 50 d.C. Fontes da crítica bíblica mencionan que a cifra de «40 anos» indica simplemente que era máis vello que os demais alumnos, xa que o número corenta é interpretado na tradición hebrea como «moito tempo», como na frase «40 anos no deserto».

Ademais de Eliezer, Akiva tivo outros mestres, principalmente Joshua ben Hanania e Nahum de Gimzo. En certo sentido Rabbi Tarfon foi considerado un dos mestres de Akiva,[6] mais o alumno superou o mestre e Rabbi Tarfon foi un dos grandes admiradores de Akiva.[7] Probablemente Akiva permaneceu en Lod mentres Eliezer morou alí, e logo levou a súa propia escola a Bnei Brak, que quedaba a cinco millas romanas de Yafo. Akiva tamén viviu algún tempo en Zifron, actual Zafran.

Algunhas citas mencionan unha viaxe de Akiva a Roma nos anos 95-96 d.C., acompañado por Raban Gamliel, Rabbi Elazar ben Azaria e Rabbi Yoshua para solicitar ao emperador Tito Flavio Domiciano que anulase os decretos contra os xudeus.[8] Non lograron reunirse co emperador, mais trala súa morte, o emperador Nerva, anulou o imposto que debían pagar os xudeus. Múltiples relatos do Talmud están asociados con esta viaxe.

Dentro dos sabios contemporáneos a Rabbi Akiva que foron influídos polo seu pensamento pódese mencionar a Elisha ben Avuia, Eliezer ben Tzodok, Eleazar ben Azaria, Gamaliel II, Yehuda ben Betheira, Iojanan ben Nuri, Rabí Iosei Haglili, Rabí Ismael, Janina ben Dosa, Simón ben Azai e Simón ben Zoma. A academia de Bnei Brak tivo gran renome, e os seus discípulos foron numerosos, as citas talmúdicas elevan o número ata 24 000, se ben non hai fontes fidedignas que respalden ese número.

Tumba de Rabbi Akiva en Tiberíades

Akiva era un dos membros máis activos do sanedrín con sede en Yavne, e un dos colaboradores máis próximos do Nasí Rabán Shimon ben Gamliel de Yavne. O grupo de estudosos centrados arredor de Akiva era denominado "o viñedo de Yavne", dentro dos que se destacaba Rabí Ismael ben Elisha.[9]

Rabbi Akiva tivo unha participación moi activa na rebelión contra o Imperio romano encabezada por Simón bar Kokhba, a quen proclamou Mesías. Foi capturado polos romanos e torturado ata morrer en Cesarea o ano 135.[10]

A acusación foi violar os decretos de Adriano que prohibían o ensino da Torá. Rabbi Akiva foi torturado con peites de ferro quentes cos que lle arrincaron a pel e a carne, polo que está considerado un dos dez mártires do xudaísmo e o seu nome é lembrado no servizo de Yom Kippur.[11] A tradición conta que foi torturado no momento de dicir a pregaria do Shemá, que afirma a unicidade divina, e estendeu a palabra final Ejad ("un") ata falecer.[12]

  1. Midrash Xénese Rabbah 53; Midrash Eclesiastés Rabbah 1:10.
  2. Xer, Ber. iv. 7d, Babli. ibid. 27b.
  3. Pes. 49b
  4. H. Grätz, Gesch. d. Juden, 2d ed., iv. 121
  5. Ab. R. N. l.c.
  6. Mishná- Orde Nashim tratado Ketuvot 84 b
  7. Sifre, Num. 75
  8. Heinrich Graetz "Geschichte der Juden" Tomo IV páx. 121
  9. Dubnow, Simón (1951). Historia Universal del Pueblo Judío, tomo III Cap. 1 Item 6. Bos Aires: Editorial Sigal. 
  10. Enciclopedia Británica
  11. Encyclopedia Xudía
  12. Talmud Babli. Tratado Berajot 61b

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Froom, Le Roy Edwin (1948). Pre-Reformation and Reformation Restoration, and Second Departure (PDF). The Prophetic Faith of our Fathers: The Historical Development of Prophetic Interpretation 2. Washington, DC: The Review and Herald Publishing Association. p. 863. 
  • Rothenberg, Naftali, Rabbi Akiva's Philosophy of Love, Nova York, Palgrave-Macmillan, 2017.
  • Aleksandrov, G. S. "The Role of Aqiba in the Bar Kochba Rebellion." In Eliezer ben Hyrcanus, Vol. 2, por Jacob Neusner. Leiden, Países Baixos: E.J. Brill, 1973.
  • Finkelstein, Louis. Akiba: Scholar, Saint, and Martyr. Nova York: Covici, Friede, 1936.
  • Ginzberg, Louis. "Akiba" In Jewish Encyclopedia, vol. 1. Nova York: Funk and Wagnalls, 1912.
  • Goldin, Judah. "Toward a Profile of a Tanna, Aqiba ben Joseph." Journal of the American Oriental Society 96 (1976): 38-56.
  • Lau, Binyamin. The Sages, Volume III: The Galilean Period. Xerusalén: Maggid Books, 2013.
  • Neusner, Jacob, ed. Studies in Judaism in Late Antiquity. Vol. 20, The Jews Under Roman Rule: From Pompey to Diocletian, por E. Mary Smallwood. Leiden, Países Baixos: E. J. Brill, 1976.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]