Aeroporto de Perth
Aeroporto de Perth Perth Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Perth Airport Pty. Ltd. | ||
Cidade/Illa | Perth | ||
Elevación (msnm) | 20 metros / 67 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 3 444 | 11 299 | asfalto |
06/24 | 2 163 | 7 096 | asfalto |
Estatísticas (2016 - 2017) | |||
Pasaxeiros | 13 621 771[1] |
O aeroporto de Perth (IATA: PER, OACI: YPPH) é un aeroporto que serve a Perth, a capital e cidade máis grande do estado de Australia Occidental. Está situado nun suburbio do mesmo nome dentro dos límites da Cidade de Swan.[2]
Dende o ano 1997 vén sendo operado por Perth Airport Pty Limited, unha compañía privada, baixo unha concesión de 99 anos por parte do goberno australiano. Perth está considerado o aeroporto máis versátil de Australia.[3]
É o cuarto aeroporto máis concorrido de Australia[4] e opera voos cara a destinos en Australasia e o océano Índico, ademais de Xohanesburgo, Doha, Dubai, Abu Zabi, Cantón e Hong Kong.
O número de pasaxeiros medrou fortemente nos primeiros 12 anos do século XXI, principalmente debido ao auxe da minería no estado e a un incremento do tráfico de aeroliñas de baixo custo internacionais. Dende o ano 2012, co fin do auxe da minería, o número de pasaxeiros domésticos descendeu. O aumento nas cifras mantívose nestes anos grazas aos servizos internacionais.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Australian airExpress | Melbourne |
Toll Priority | Brisbane, Melbourne |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perth Airport (ed.). "Airport statistics". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Trove (ed.). "Greater Perth street directory / Melway". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ BITRE (ed.). "Air passenger movements through capital city airports to 2025–26" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ BITRE (ed.). "Airport traffic data". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Alliance Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Crikey (ed.). "Jetstar quits Lombok, Perth-Brisbane flights". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Business Traveller (ed.). "Qantas' non-stop Perth-London Boeing 787 flights start March 24". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Aviation (ed.). "Rex named as preferred tenderer for two WA govt contracts". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Rex Adds New Western Australia Routes from late-Feb 2016". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Crikey (ed.). "Tigerair to add Perth-Brisbane to low fare network". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Aviation (ed.). "Tigerair to start Sydney-Perth". Consultado o 8 de febreiro de 2018.
- ↑ Australian Aviation (ed.). "Virgin Australia to operate Canberra-Perth flights during Parliamentary sitting weeks". Consultado o 8 de febreiro de 2018.