[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Malaysia Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malaysia Airlines
IATA
MH
OACI
MAS
Indicativo
MALAYSIAN
Fundación1 de maio de 1947 (como Malayan Airways)
Plan de voo frecuenteEnrich
AlianzaOneworld
SubsidiariasFirefly e MASwings
Frota80
Destinos61
Páxina web: https://www.malaysiaairlines.com

Malaysia Airlines Berhad (MAB) (malaio: Penerbangan Malaysia Berhad), anteriormente coñecida como Malaysian Airline System (MAS) (malaio: Sistem Penerbangan Malaysia), comercializada como Malaysia Airlines, é unha aeroliña malaisia que opera voos dende o aeroporto de Kuala Lumpur e dende centros de conexións secundarios en Kota Kinabalu e Kuching cara a destinos en Asia, Oceanía e Europa. Malaysia Airlines é a aeroliña nacional de Malaisia e membro da alianza Oneworld. A sede da aeroliña atópase no aeroporto de Kuala Lumpur. En agosto de 2014 o fondo de riqueza soberana do goberno malaisio Khazanah Nasional, que entón era dono do 69,37% da aeroliña, anunciou a súa intención de mercar o resto das participacións aos accionistas minoritarios e sacar á compañía da bolsa malaisia, renacionalizando así a aeroliña.

Malaysia Airlines ten dúas aeroliñas subsidiarias: Firefly e MASwings. Firefly opera voos regulares dende as súas dúas bases no aeroporto de Penang e no aeroporto de Subang. A aeroliña céntrase en cidades terciarias. MASwings céntrase nos voos dentro de Borneo. Malaysia Airlines ten unha frota de carga operada pola súa compañía irmá MASkargo, que xestiona voos de carga e a capacidade de carga de todos os voos de pasaxeiros de Malaysia Airlines.

Malaysia Airlines ten as súas raíces en Malayan Airways Limited, fundada en Singapur nos anos 30, e realizou o seu primeiro voo comercial en 1947. Foi bautizada como Malaysian Airways tras a formación da Federación de Malaisia en 1963. En 1966, tras o Acordo de independencia de Singapur de 1965, a aeroliña foi renomeada Malaysia-Singapore Airlines (MSA), antes de que os seus activos se dividisen en dúas aeroliñas nacionais seo¡paradas en 1972 Malaysian Airline System (MAS) e Singapore Airlines.[1]

En novembro de 2018 a frota de Malaysia Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2]

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F B E+ E Total
Airbus A330-200 8 1 19 268 287 Fíxose con avións da extinta Air Berlin.[3]
Tres avións coa librea 'Malaysia Negaraku'.
Airbus A330-300 15 27 263 290[4] Dous avións coa librea de Oneworld.
Airbus A350-900 6 4 35 27 220 286[5] Tres avións coa librea 'Malaysia Negaraku'.[6]
Airbus A380-800 6 8 66 412 486[7]
Boeing 737-800 48 16 144 160[8] Un avión con librea retro de 1972.
Un coa librea de Oneworld.
Un coa librea 'Malaysia Negaraku'.
Boeing 737 MAX 8 15 TBA As entregas comezarán en 2019.[9]
Boeing 737 MAX 10 10 TBA Convertidos do pedido orixinal de 737 MAX 8.[10]
Total 83 26
  1. "Corporate Info - Our Story - About Us | Malaysia Airlines". 2014-07-17. Archived from the original on 17 de xullo de 2014. Consultado o 2018-11-29. 
  2. "Malaysia Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  3. "Malaysia Airlines records stable 2Q performance". BorneoPost Online | Borneo , Malaysia, Sarawak Daily News (en inglés). 2018-08-31. Consultado o 2018-11-29. 
  4. "A330-300". www.malaysiaairlines.com (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  5. "A350-900". www.malaysiaairlines.com (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  6. "MAB komited jayakan inisiatif Negaraku". Utusan Online. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2018-11-29. 
  7. "A380-800". www.malaysiaairlines.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 2018-11-29. 
  8. "B737-800". www.malaysiaairlines.com (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  9. "Boeing, Malaysia Airlines Announce Order for up to 50 737 MAX Airplanes". MediaRoom. Consultado o 2018-11-29. 
  10. Boeing. "Boeing, Malaysia Airlines Announce Order for 10 737 MAX 10 Airplanes". www.prnewswire.com (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]