A-4
A-4 Autovía do Sur | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | |
Lonxitude | 647 km |
Localización | |
Inicio | Madrid |
Fin | Puerto Real (Cádiz) |
A Autovía do Sur ou A-4, antigamente coñecida como Autovía de Andalucía, é unha das seis autovías radiais de España e comunica Madrid con Andalucía. É parte da E-5 da Rede de Estradas Europeas.
Construíuse seguindo o trazado da estrada nacional N-IV, que une as cidades de Madrid, Córdoba, Sevilla e Cádiz entre outras. Atravesa o Parque Natural de Despeñaperros na provincia de Xaén, que separa as comunidades de Andalucía e Castela-A Mancha, mediante grandes obras de enxeñaría.
Ata o ano 1991, a autovía partía de Madrid e remataba no quilómetro 37. O proxecto orixinal consistía en construír a autovía dende Madrid ata Sevilla con motivo da Expo'92, co cal en 1992 quedou rematada ata Sevilla.
Entre Sevilla e Cádiz non existe autovía, senón que hai unha autoestrada de peaxe, a AP-4. Entre ambas as dúas cidades aínda queda o tramo orixinal sen desdobrar da N-IV como alternativa gratuíta á AP-4 dende Dos Hermanas ata o Aeroporto de Xerez.