Puerto Real
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Puerto Real | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 42.069 (2023) (214,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 195,96 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Sebastián | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Elena Amaya León (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11510 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11028 | ||||
Páxina web | puertoreal.es |
Puerto Real é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Forma parte da Mancomunidade de Municipios Baía de Cádiz. No ano 2008 contaba con 39.648 habitantes. A extensión do seu termo municipal é de 197 km² e ten unha densidade de 202,33 hab/km². Atópase situado a unha altitude de 8 metros sobre o nivel do mar e a 12 quilómetros da capital da provincia, Cádiz.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal limita cos de San Fernando ao suroeste, Xerez da Fronteira ao norte, Chiclana de la Frontera ao sur, Medina Sidonia ao sueste e El Puerto de Santa María ao noroeste.
Unha boa parte deste termo municipal forma parte do Parque Natural da Baía de Cádiz que se caracteriza polas súas marismas, que se alagan periodicamente polas mareas, e pola abundancia de aves migratorias. Tamén dispón dunha cantidade importante de esteiros que se utilizan como técnica artesanal de piscicultura; así mesmo, ten piñeirais como Las Canteras, Algaida ou a Dehesa de las Yeguas. Febido a estes piñeirais, Puerto Real adoita denominarse o pulmón verde da Baía. O interior do termo municipal está percorrido por canellóns e carreiros que atravesan o municipio, entre eles destaca o corredor verde Dos Bahías, que une as dúas baías da provincia de Cádiz, a Baía de Cádiz e a Baía de Alxeciras.