Pedro Froilaz, tomado prisioneiro na batalla de Viadangos, recobra a súa liberdade. Ignórase se por fuga, intercambio ou após pagamento dun rescate[1].
Febreiro: A raíña Urraca, trasládase a Galiza onde inicia unha campaña de doazóns (vendas) para garantir o apoio dos partidarios do seu fillo na guerra contra Afonso I de Aragón[2].
21 de abril: Urraca convoca cortes do reino en Compostela. Solicita aos bispos e condes galegos a súa axuda na guerra contra o seu home Afonso de Aragón[4].
Maio: O exército galego inicia a marcha para recuperar os territorios conquistados por Afonso de Aragón. Xelmírez permanece en Galiza para manter a orde no país[4].
Maio: Afonso I solicita 300 coraceiros a Aragón para deter as forzas galegas en Astorga. Os reforzos son interceptados por partidarios casteláns de Urraca. Refuxiase en Carrión baixo asedio[6].
Os nobres Paio Gudestéiz e Rabino Núnez únense a Arias Pérez e declárandose partidarios de Afonso de Aragón conquistan as terras galegas entre o Miño e o Ulla[8].
Rabino Núnez e Paio Gudestéiz toman a soldo parte unha nave de cruzados procedentes das illas británicas que se dirixían a Palestina. A frota de Xelmírez captura o barco británico.[10]
Xelmírez sitia por terra e mar os castelos de Darbo e Ponte Sampaio. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz réndense e entregan as fortalezas[11].
Decembro: O longo asedio de Carrión e a crecente inestabilidade nos seus reinos fan que Urraca e Afonso se reconcilien por terceira vez. Pactan un acordo de paz na vila de Peñafiel[12].
Levantase o asedio de Carrión. Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos regresan a Galiza amolados polo desenlace pois foron eles quen cargaron co mais duro da campaña[12].
Urraca parte co seu home cara a Aragón, onde este pretendía prendela e encerrala no castelo de Peralta[12].