[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Saladino

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaSaladino

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) صلاح الدين الأيوبي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) يُوسُف بن نجم الدين أيُّوب Editar o valor en Wikidata
1138 Editar o valor en Wikidata
Tikrit Castle, Iraq (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1193 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Damasco, Siria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza infecciosa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ12192636 Traducir Editar o valor en Wikidata
Emir of Kerak (en) Traducir
1188 – 1188 – Al-Adil I (pt) Traducir →
Emir Diar Baquir (pt) Traducir
1185 – 1193
Emir of Aleppo (en) Traducir
1183 – 1193 – Az-Zahir Ghazi (en) Traducir →
Sultan of Damascus (en) Traducir
1174 – 1193 – Alfadal ibne Saladino (pt) Traducir →
Sultão do Egito (pt) Traducir
1169 – 1193 – Al-Aziz Uthman (pt) Traducir →
Vizier of the Fatimid Caliphate (en) Traducir
1169 – 1174
← Shirkuh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoKurdos Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, gobernador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoInvasões cruzadas do Egito (pt) Traducir
Batalla de Montgisard
Siege of Kerak (en) Traducir
Battle of Marj Ayyun (en) Traducir
Batalha de Vadum Iacob (pt) Traducir
Battle of Belvoir Castle (en) Traducir
Battle of Al-Fule (en) Traducir
Battle of Cresson (en) Traducir
Batalha de Hattin (pt) Traducir
Cerco de Jerusalém (1187) (pt) Traducir
Cerco de Tiro (1187) (pt) Traducir
Cerco de Acre (pt) Traducir
Batalha de Arsuf (pt) Traducir
Battle of Jaffa (en) Traducir
Battle of the Horns of Hama (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmir of Aleppo (en) Traducir (1183–1193)
Emir of Damascus (en) Traducir (1174 (Gregoriano)–1186 (Gregoriano))
Sultão do Egito (pt) Traducir (1174 (Gregoriano)–1193 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía aiúbida Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsmat ad-Din Khatun Editar o valor en Wikidata
FillosAlfadal ibne Saladino, Al-Aziz Uthman, Az-Zahir Ghazi Editar o valor en Wikidata
PaisNajm ad-Din Ayyub Editar o valor en Wikidata  e Sitt al-Mulk Khatun Editar o valor en Wikidata
IrmánsTuram Xá
Al-Adil I
Rabia Khatoon
Tuguetaquim ibne Aiube
Sitt al-Sham
Nur Ad-Din Shahanshah Editar o valor en Wikidata
ParentesShirkuh, tío paterno Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Saladin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1105112 WikiTree: Ayyūb-1 Find a Grave: 8092624 Editar o valor en Wikidata

Ṣalāḥ ad-Dīn Yūsuf ibn Ayyūb (árabe: صلاح الدين يوسف بن أيوب; kurdo: سه‌لاحه‌دین ئه‌یوبی , Selahedînê Eyûbî), máis coñecido en occidente como Saladino,[1] nado en Tikrit en 1138 e finado en 1193 en Damasco, foi un dos grandes gobernantes do mundo islámico, sendo sultán de Exipto, Siria, Palestina, así como de zonas de Arabia, Iemen, Libia e Mesopotamia.

Defensor do islam e particularmente da ortodoxia relixiosa representada polo sunnismo, unificou política e relixiosamente o Oriente Próximo, combatendo os cristiáns e rematando con doutrinas afastadas do culto oficial representado polo Califato Abbasí. É particularmente coñecido por arrebatar a Terra Santa ós cruzados, devolvendo Xerusalén ós musulmáns e rematando co Reino de Xerusalén. O impacto deste acontecemento en Occidente provocou unha nova cruzada (a terceira) liderada polo famoso Ricardo I de Inglaterra, que se converteu en mítica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1138 en Tikrit, (na provincia actualmente chamada Salah ad Din no seu honor, en Iraq) onde o seu pai Ayub, era gobernador. A súa familia era kurda e como moitos kurdos naquela época, eran soldados ó servizo dos gobernantes sirios e mesopotámicos. Tras caer en desgraza e ser expulsados, puxéronse ó servizo de Zengi, señor de Mosul, que unira so o seu mando a zona norte de Siria e Iraq. Foi o primeiro dos grandes líderes musulmáns que tratou de expulsar os cruzados de Oriente Próximo, logrando arrebatarlles o Condado de Edesa. A familia de Saladino uniuse pois ó seu exército, sendo o seu pai recompensado co goberno de Baalbek. Naquela época os cristiáns lanzarían a Segunda Cruzada, que fracasaría.

A morte en 1146 deste caudillo, asasinado, abriu un período de guerra civil en Siria pola sucesión. A familia de Saladino poríase de parte do herdeiro designado, o fillo máis novo de Zengi, Nur al-Din. Cando tras diversas loitas este se impuxo en Siria, os parentes de Saladino foron recompensados: o seu pai recibiu o goberno de Damasco, e o seu tío Shirkuh o mando do exército.

Señor de Exipto

[editar | editar a fonte]

Namentres, Exipto estaba nun período de inestabilidade. Nos momentos finais do Califato fatimí o país estaba en crise, ameazado polos cruzados, que ocuparan Ascalón e ameazaban a fronteira aliados cos bizantinos, así como en guerra civil polos diversos aspirantes ó cargo de visir.

Un deles acudiu á corte de Damasco a pedir axuda a Nur al-Din. Este enviou un exército ó mando de Shirkuh, que se levou ó seu sobriño Saladino con el. Cara a 1169 Shirkuh controlaba o país, actuando en parte como primeiro ministro do califa fatimita de Exipto en parte como gobernador e representante do sultán sirio. Nese mesmo ano morría o xeneral, sendo substituído no posto polo seu sobriño, Saladino.

A tentativa do rei de Xerusalén Amalrico II de invadir Exipto co apoio da frota bizantina foi contida no peirao de Damieta, afastando o perigo inmediato dunha conquista cristiá.

Saladino reformou a administración do país, abolindo impostos e reducindo o desmesurado funcionariado, reorganizou o exército, composto ata entón por mercenarios do Magreb que foron substituídos por tropas kurdas e turcomás, e impuxo a súa autoridade sobre o país. A doenza de Al-Adid, o derradeiro califa fatimí, impediu a este continuar controlando as mesquitas exipcias, nas que se comezou a orar polo califa abbasí. A súa morte en 1171 supuxo a reintegración definitiva do culto en Exipto á corrente sunní, maioritaria no islam, durante a ocupación e mando de Saladino. Isto serviu para realzar o seu prestixio dentro da comunidade islámica, que estaba aínda moi afectada pola caída da cidade santa de Xerusalén no poder dos cruzados en 1099.

Saladino ampliou tamén as súas fronteiras, conquistando a costa libia, o norte do Sudán e o Iemen coa escusa de restaurar a ortodoxia relixiosa (estes territorios estaban fóra do liderado espiritual do Califato Abbasí, sendo para a súa doutrina herexes). Saladino tamén tomou os portos e posicións cruzadas no Mar Vermello, asegurando a súa posición contra os estados cristiáns.

Trala morte de Al-Adid era en teoría un vasalo de Nur al-Din mais na práctica era o gobernador de facto de Exipto: recoñecía a autoridade do sultán de Siria, mais gozaba de total independencia no seu goberno de Exipto, debido á distancia entre Damasco e O Cairo, separadas por estados gobernados polos cruzados europeos.

Sultán de Siria

[editar | editar a fonte]

Á morte de Nur al-Din en 1174 os seus dominios deberían pasar ó seu fillo As-Salih Ismail al-Malik. Porén o herdeiro era un neno, que tardaría anos en controlar e imporse en Siria, o que fixo que numerosas potencias tratasen de aproveitar a situación, entre elas, Saladino.

Este ocupou Damasco e con iso Siria do Sur, so a escusa de asegurar estas terras ó seu lexítimo dono, pois estaban ameazadas polo Reino de Xerusalén. Porén, practicou unha política hostil a as-Salih Ismail al-Malik, arrebatándolle unha a unha as prazas do norte, ata que só lle quedou Alepo. Chegou incluso a asediar esta cidade infrutuosamente. No transcurso do sitio, sufriu un intento de asasinato por parte da seita dos asasinos, librándose por levar unha cota de malla baixo as súas roupas.

Entrementres, mantivo unha actitude agresiva contra os estados cruzados, realizándose como era habitual dende a primeira cruzada, incursións e asaltos. En 1177, unha invasión de Saladino, que atacaba dende o sur, foi desarticulada na batalla de Montgisart.

Dous anos despois, un ataque a unha fortaleza que os cristiáns estaban construíndo na ribeira do río Xordán deulle a primeira gran vitoria (batalla do vado de Xacob) na súa campaña por expulsar os francos de ultramar.

Tras morrer o herdeiro de Nur al-Din sen descendencia en 1181, Saladino foi nomeado nominalmente (xa o era de facto) sultán de Siria e Exipto.

Líder do islam

[editar | editar a fonte]

Tras afianzarse como señor de Siria, Saladino manobrou contra os príncipes da dinastía Zengida que gobernaban en Mesopotamia (o norte do actual Iraq). Estes eran descendentes de Zengi, e sobriños de Nur al-Din cuxo imperio abarcara algunhas provincias fronteirizas na rexión.

Saladino recuperou as terras fronteirizas, e expandiu o seu dominio máis alá aínda. É de destacar a anexión de Edesa. Tras varias campañas en Mesopotamia conseguiu a submisión do príncipe de Mosul en 1186, cuxa cidade chegou a sitiar sen éxito en 1182, que se converteu no seu vasalo, comprometendose a colaborar na súa "xihad".

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Saladino". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1856. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]