[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kuopio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4091927 de HombreDHojalata (conversa)
Liña 30: Liña 30:
== Demografía ==
== Demografía ==
Evolución da poboación :
Evolución da poboación :
{| border="1" cellpadding="2" cellspacing="0"
{{Columnas 2}}
| valign="top" width="25%" |
* [[1792]] - 751
* [[1792]] - 751
* [[1889]] - 8.100
* [[1889]] - 8.100
Liña 36: Liña 37:
* [[1923]] - 20.088
* [[1923]] - 20.088
* [[1961]] - 45.000
* [[1961]] - 45.000
| valign="top" width="25%" |
{{nova columna}}
* [[1970]] - 66.000
* [[1970]] - 66.000
* [[1983]] - 76.792
* [[1983]] - 76.792
Liña 42: Liña 43:
* [[1990]] - 80.613
* [[1990]] - 80.613
* [[1997]] - 85.862
* [[1997]] - 85.862
| valign="top" width="25%" |
{{nova columna}}
* [[2000]] - 86.651
* [[2000]] - 86.651
* [[2002]] - 87.821
* [[2002]] - 87.821
* [[2004]] - 90.518
* [[2004]] - 90.518
* [[2012]] - 97.552
* [[2012]] - 97.552
|}
{{final columnas}}


== Xeografía ==
== Xeografía ==

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2016 ás 12:20

Modelo:Cidade Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). Ten 97.552 habitantes (2012),[1] sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental.

Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, polo outeiro de Puijo e pola torre de Puijo, que ofrece ao visitante unha vista magnífica da rexión. O outeiro de Puijo alberga tamén unha competición anual de salto de esquí.

Topónimo

Hai diversas hipóteses sobre a orixe do nome Kuopio. A primeira remóntase ao século XVI, cando un persoeiro de grande influencia chamado Kauhanen en Tavinsalmi trocou o seu nome por Skopa e a pronunciación da xente era Coopia, derivando despois a Cuopio. A segunda explicación afirma que o nome provén do verbo finés kuopia, que quere dicir, por exemplo, cando un cabalo raña o chan coas pezuñas. A terceira hipótese di que o nome viría dun nome de home propio de Carelia Prokopij, de Ruokolahti na Idade Media. Esta última explicación parece ser a máis probable, xa que está documentada polo Instituto de Investigación para as Linguas de Finlandia.

Historia

Kuopio foi fundada en 1653 polo gobernador Peter Brahe, mais a data oficial de fundación recoñecida é o 17 de novembro de 1775, cando o rei Gustavo III de Suecia ordenou que fose establecida a cidade de Kuopio. O municipio de Karttula foi anexionado ao de Kuopio en 2011, do mesmo xeito que fixeran anteriormente os de Vehmersalmi (2005), Riistavesi (1973) e Kuopion maalaiskunta (1969).

Demografía

Evolución da poboación :

Xeografía

A cidade está rodeada polo lago Kallavesi e parte da cidade foi construída en illas, como o proxecto Saaristokaupunki (literalmente Cidade Arquipélago), a área residencial máis grande que se está a construír na actualidade en Finlandia.[2] O seu relevo é bastante marcado, estando o centro da cidade dominado polo outeiro de Puijo e a súa torre.

Dende a súa fusión con Vehmersalmi en 2005, limita cos concellos de: Siilinjärvi e Nilsiä ao norte, Juankoski e Tuusniemi ao leste, Leppävirta ao sur, Suonenjoki e Kartula ao oeste, e Maaninka ao noroeste.

Clima

Kuopio
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -6,2 -5,9 -0,3 5,5 14 19,2 21,4 18,5 12,3 5,9 -0,2 -4,1
6,68
Temperatura media mínima (°C) -13,2 -13,4 -8,3 -2,8 3,8 10,4 13,1 11,3 6,4 1,5 -4,5 -10.3
-0.5
Precipitacións (mm) 41,2 31,1 34,2 31,9 38,8 65,4 76,9 80,2 58,6 52,8 51,1 45,6
607,8
Fonte: World Meteorological Organisation (UN) [3]

Lingua

A meirande parte da poboación de Kuopio fala finés, habendo unha minoría de falantes de sueco (0,1%). Algunhas das primeiras escolas con estudos en finés foron creadas en Kuopio, como a escola para cegos (1871) e a escola de comercio (1887). A nivel dialectal, a cidade está situada en plena zona dos dialectos da Finlandia oriental, e máis concretamente os que son denominados Savo (de Savonia), os cales ocupan unha extensión moito máis grande do que é, de feito, a rexión histórica de Savonia.

Educación e cultura

Kuopio é unha das cidades con maior tradición no campo da educación. A cidade é coñecida como o centro cultural de Finlandia Oriental, oferecendo diversos eventos importantes como o festival de danza de Kuopio e o festival de viño de Kuopio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas