[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Highland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHighland
na Gàidhealtachd (gd) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 57°30′N 5°00′O / 57.5, -5
EstadoReino Unido
PaísEscocia Editar o valor en Wikidata
CapitalInverness Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación235.540 (2018) Editar o valor en Wikidata (9,18 hab./km²)
Lingua usadaLingua gaélica escocesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie25.657,1465 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1975 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-HLD Editar o valor en Wikidata

Páxina webhighland.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Highland (pronunciado [ˈhaɪlənd]), en gaélico escocés Gàidhealtachd [ˈkɛːəl̪ˠt̪əxk], en scots Hieland [ˈhi.lən] é unha autoridade unitaria de Escocia, no Reino Unido).[1] [2] Limita cos concellos de Moray, Aberdeenshire, Perth and Kinross e Argyll and Bute. A capital administrativa é Inverness. É a división administrativa de maior extensión de todo o Reino Unido.

Antes de 1975 o territorio estaba dividido entre varios dos antigos condados de Inverness-shire, Ross and Cromarty, Sutherland, Caithness, Nairnshire e partes de Argyll. En 1975, todos estes territorios uníronse nunha única rexión que se dividiu nos distritos de Badenoch and Strathspey, Caithness, Inverness, Lochaber, Nairn, Ross e Cromarty, Skye and Lochalsh e Sutherland. En 1996 coa abolición das divisións administrativas introducidas en 1975, o novo concello de Highland mantivo o mesmo territorio, pero a división en distritos foi anulada.

As principais cidades e vilas segundo a súa poboación son:[3]

N. º Poboación Habitantes
(2001)
[4] Condado histórico
1 Inverness (conurbación) 51.832 Inverness
2 Fort William 9.908 Lochaber
3 Nairn 8.418 nairn
4 Thurso 7.737 Caithness
5 Wick 7.333 Caithness
6 Alness 5.186 Ross e Cromarty
7 Dingwall 5.026 Ross e Cromarty
8 Invergordon 3.890 Ross e Cromarty
9 Tain 3.511 Ross e Cromarty
10 Conon Bridge 2.661 Ross e Cromarty

Localizacións

[editar | editar a fonte]
  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  3. "Censo 2001". Datos sobre poboación (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 26 de agosto de 2011. 
  4. General Register Office for Scotland. "Key Statistics for Settlements and Localities Scotland". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]