Argyll
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 64.446 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Moluag (en) | ||||
Argyll (en escocés: Earra-Ghàidheal), é unha rexión da zona oeste de Escocia e correspondente á antiga Dalriada. Este termo pode empregarse para facer referencia a toda a liña costeira entre Mull of Kintyre e o cabo Wrath. O autor de principios do século XIII, que escribiu De Situ Albanie explica que "o nome Arragathel significa o límite dos escoces ou irlandeses, porque eles eran xeralmente denominados Gattheli [=Gaels], dende os seus tempos antigos polo seu caudillo Gaithelglas. Argyll foi tamén un bispado durante a Idade Media, coa súa catedral en Lismore, pero despois foi convertido en Earldom (parecido a un "ducado" na tradición anglosaxoa e escandinava) e máis adiante en Ducado de Argyll.
No presente Argyll é un condado. Outrora, foi unha rexión no sentido político da palabra, mais no presente forma parte da área condal unitario de Argyll e Bute.