[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Edwin Moses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdwin Moses

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Edwin Corley Moses Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Dayton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMorehouse College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, piloto de bobsleigh Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo
Bobsleigh Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva400 metros com barreiras (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984
1976Xogos Olímpicos de 1976 Editar o valor en Wikidata

Páxina webedwinmoses.com Editar o valor en Wikidata
IAAF: 14358126 Olympic.org: edwin-moses WikiTree: Moses-3849 Editar o valor en Wikidata

Edwin Moses, nado en Dayton o 31 de agosto de 1955, é un ex-atleta estadounidense, bicampión olímpico dos 400 m con barreiras e o maior nome da historia desta proba olímpica, vencendo 122 delas (107 consecutivamente) nun período de dez anos e quebrando catro veces a marca mundial da distancia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado do estado de Ohio, Moses recibiu unha bolsa de estudos para unha universidade en Atlanta, só para homes e tradicionalmente afroamericanos, e formouse en física e enxeñaría industrial mentres competía polo equipo de atletismo da universidade, onde era chamado "home biónico" pola severidade do seu adestramento.[1]

Moses no Campionato Mundial de Atletismo de 1987, en Roma.

Revelándose rapidamente nos 400 m con barreiras, tiña a característica de dar trece pasos entre as barreiras, ao contrario dos catorce dados por todos os atletas, o que lle permitía gañar tempo a partir da metade da proba, sen precisar cambiar de paso ao saltar. Cualificado para os Xogos Olímpicos de Montreal, en 1976, despois de vencer a selección estadounidense, na súa primeira competición internacional de vulto gañou a medalla de ouro olímpica e quebrou a marca mundial da proba, con 47s 63.[1]

Tras quebrar a súa propia marca mundial o ano seguinte, Moses foi derrotado polo alemán occidental Harald Schmid nunha competición en agosto de 1977, en Berlín.[1] A partir de aí, e cunha vitoria sobre Schmid a semana seguinte en Düsseldorf, Moses venceu todas as probas nas cales participou os seguinte nove anos, nove meses e nove días.

Cando finalmente foi derrotado, o 4 de xuño de 1987, en Madrid, polo seu compatriota Danny Harris, Moses xa se convertera nunha lenda da proba, vencendo 107 carreiras consecutivas,[1] quebrando dúas veces máis a marca mundial (a última delas, 47s 02, en Koblenz, en agosto de 1983[2]), vencendo tres veces a Copa do Mundo de Atletismo, dúas veces o Campionato Mundial e conseguindo o bicampionato olímpico nos Xogos Olímpicos de 1984, nos Ánxeles, onde foi escollido para facer o xuramento olímpico.

Despois da derrota por Harris, Moses volveu vencer dez probas consecutivas até pèchar a súa participación nas Olimpíadas, coa medalla de bronce da proba nos Xogos Olímpicos de Seúl, en 1988, mesmo así facendo o seu mellor tempo nunha final olímpica. O vencedor, Andre Phillips, idolatrábao dende a escola secundaria e xa perdera contra Moses vinte veces en competicións anteriores, incluíndo a selección norteamericana para Seúl 1988.[1]

Reformas no COI

[editar | editar a fonte]

En 1979, para poder dedicarse con exclusividade ao atletismo, precisou tirar un período de licenza da empresa en que traballaba, a General Dynamics. Baseado na experiencia, en que a pesar de manter o status de empregado non recibía, durante os seguintes dous anos converteuse en voceiro dunha campaña entre os atletas pola mudanza nas regras, xunto ao Comité Olímpico Internacional, con relación ao amadorismo esixido aos atletas, que prexudicaba os estadounidenses, pois os atletas dos países do bloque do leste eran subliminarmente sustentados polos seus gobernos.

A súa dedicación á iso, levou á creación dun fondo de investimento atlético, que permitía a gobernos e empresas comerciais, patrocinaren o adestramento destes atletas, a través de pagamento a través dos comités olímpicos ou de vínculo comercial a produtos destas empresas. O proxecto foi levado ao presidente Juan Antonio Samaranch, tivo o visto e prace do comité directivo do COI e foi ratificado en 1981, permitindo a supervivencia de comités nacionais a través do patrocinio comercial, traendo a era do profesionalismo aos Xogos Olímpicos.[3]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Moses é vexetariano, filántropo e avogado pola paz.[4][5] Moses ten un fillo, Julian, nado o 29 de agosto e 1995 en California.

Casou con Michelle Moses en febreiro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]