[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Enxeñaría industrial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Enxeñaría.

A enxeñería industrial é unha rama da enxeñería que se ocupa do desenvolvemento, mellora, implantación e avaliación de sistemas integrados de xente, diñeiro, coñecementos, información, equipamento, enerxía, materiais e procesos. Tamén trata co deseño de novos prototipos para aforrar diñeiro e facelos mellores. A enxeñería industrial está construída sobre os principios e métodos da análise e síntese da enxeñería e o deseño para especificar, predicir e avaliar os resultados obtidos de tales sistemas. En manufactura esvelta, os enxeñeiros industriais traballan para eliminar desperdicios de todos os recursos.

A enxeñaría industrial está tamén moi vencellada á xestión de operacións, enxeñaría de sistemas ou enxeñaría de manufactura: unha distinción que semella depender do punto de vista ou motivos de quen a use.

No sector do coidado da saúde, por exemplo, os enxeñeiros industriais son coñecidos comunmente como enxeñeiros administradores ou enxeñeiros en sistemas de saúde. O termo industrial prestouse a malentendidos. Mentres que o termo aplica orixinalmente a manufactura, estendeuse a moitos outros sectores de servizos. A enxeñería industrial abarca varios tópicos, tales como: ciencias da administración, xestión de cadeas de subministracións, enxeñería de procesos, investigación de operacións, enxeñería de sistemas, ergonomía, enxeñería de calidade e reenxeñaría de procesos.

Algúns exemplos das aplicacións da enxeñería industrial son: o deseño de novos sistemas de traballo en bancos, as melloras de operacións e urxencias en hospitais, a distribución global de produtos, e a redución e mellora de liñas de espera en bancos, hospitais, parques temáticos e sistemas de tráfico vehicular.

Os enxeñeiros industriais usan comunmente estatística e simuladores informáticos, especialmente simulación de eventos discretos, para a súa análise e avaliación.

Dúas persoas considéranse os pais da enxeñería industrial no mundo: Frederick W. Taylor e Henri Fayol. Outros pioneiros da enxeñería industrial foron Harrington Emerson, defensor das operacións eficientes e do pago de premios para o incremento da produción, e Henry Ford, pai das cadeas de produción modernas utilizadas para a produción en masa (produción en serie).

Moito se escribiu sobre os pioneiros da administración, quen xurdiron durante e logo da revolución industrial en Inglaterra e Estados Unidos. Antes da revolución industrial, os bens producíanos os artesáns no coñecido sistema caseiro. Naqueles días a administración das fábricas non era problema. Con todo, a medida que se desenvolvían novos aparellos e descubríanse novas fontes de enerxía, tívose a necesidade práctica de organizar as fábricas para que puidesen aproveitar as innovacións. Quizais o primeiro de todos os pioneiros foi Sir Richard Arkwright (1732-1792) quen inventou en Inglaterra o torno de fiar mecánico. Ademais creou e estableceu o que probablemente foi o primeiro sistema de control administrativo para regularizar a produción e o traballo dos empregados das fábricas.

A máquina de vapor

[editar | editar a fonte]
Máquina de vapor de Watt.

Máis ou menos pola mesma época en que Arkwright instalaba o seu sistema de control, outro inventor británico, James Watt, xunto co seu socio Matthew Boulton, estaban organizando unha fábrica no Soho para producir máquinas de vapor. Eles instituyeron a capacitación técnica para os artesáns, que superou por moito calquera tipo de capacitación que existise nesa época, e tamén contribuíron moito a normalizar a administración das fábricas. Subsecuentemente, os seus fillos James Watt Jr. e Matthew Robinson Boulton estableceron a primeira fábrica completa de máquinas de manufactura no mundo. Seguindo o exemplo dos seus pais, planearon e construíron unha instalación de manufactura integrada que se adiantou moito á súa época. Entre outras cousas, instituíron un sistema de control de custos deseñado para diminuír o desperdicio e mellorar a produtividade.

Babbage e o cálculo analítico

[editar | editar a fonte]

Outro inglés, Charles Babbage (1792-1871), achegou moitas contribucións significativas á ciencia da enxeñería industrial, xa que creou os sistemas analíticos para mellorar as operacións, que publicou no seu libro The Economy of Machinery and Manufacturers, o cal distribuíu amplamente en Inglaterra, resto de Europa e os Estados Unidos. Os métodos analíticos que Babbage orixinou foron o máis avanzado, por décadas, no campo do aumento da produtividade e teñen algunha semellanza co traballo de Frederick Taylor.

Conclusións

[editar | editar a fonte]

Aparentemente, o traballo destes pioneiros británicos foi bastante exitoso, sobre todo cando se aplicaba nas súas propias empresas. Aínda que con toda seguridade debeu existir intercambio de ideas entre os líderes empresariais daqueles días, moitos dos cales eran parentes, non houbo un movemento xeneralizado entre os outros empresarios para adaptar as exitosas ideas deses pioneiros e é por esta razón que a industria manufactureira británica, aínda que se lle chamaba "o taller do mundo", permanecía en certa forma basta e rudimentaria, aínda que cara a fins do século XIX, os mesmos métodos primitivos de uso xeneralizado en Inglaterra estiveron de moda tamén nos Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]