ETB 2
ETB 2 | |
---|---|
Inicio das emisións | 31 de maio de 1986 |
Propiedade de | Euskal Telebista |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 9,8% (maio de 2013, TNS) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | País Vasco Navarra Pireneos Atlánticos |
Canle/s irmá(s) | ETB 1 ETB 3 ETB 4 ETB HD ETB Sat Canal Vasco |
Na rede
| |
www.eitb.eus |
ETB 2 é a segunda canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. É a canle máis vista do ente público e a única que emite en castelán.
Naceu no ano 1986, 3 anos despois que ETB 1, nunha situación de alegalidade. A saída ao aire de ETB 2 converteu a Euskal Telebista no primeiro ente televisivo autonómico en ter dúas canles.
Programación
É unha canle de actualidade maiormente en canto a contido, e o único da televisión pública vasca que emite en castelán. Na súa grella non adoita haber programas deportivos nin infantís e xuvenís, que son exclusivamente emitidos por ETB 1, pero os programas informativos, co "Teleberri" da tarde como estrela, son os máis coidados do grupo.
Ámbito
A súa área de recepción é toda a comunidade autónoma do País Vasco, pero tamén se pode ver en toda Navarra, País Vasco francés, e nalgunhas comarcas das comunidades limítrofes de Cantabria, Castela e León, A Rioxa e Aragón.