Cachorro
Cachorro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cachorro |
Director | Miguel Albaladejo |
Produtor | Juan Alexander José L. García Arrojo |
Guión | Miguel Albaladejo Salvador García Ruiz |
Intérpretes | José Luis García David Castillo Diana Cerezo Josele Román Mario Arias Empar Ferrer Elvira Lindo Arno Chevrier Félix Álvarez |
Música | Lucio Godoy |
Fotografía | Alfonso Sanz |
Montaxe | Pablo Blanco |
Distribuidora | Manga Films |
Estrea | 2004 |
Duración | 100 min. |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Cachorro é un filme español dirixido por Miguel Albaladejo que se estreou no 2004.
É un drama que se enmarca dentro do cinema da causa LGTB, mostrando con normalidade a atracción entre persoas do mesmo sexo.
Argumento
[editar | editar a fonte]Pedro, un homosexual (concretamente un oso) ben feito, desinhibido nas súas relacións e sen responsabilidades, comprométese a coidar durante quince días ao seu sobriño Bernardo, un cativo de 9 anos co que até ese momento non tivera moita relación. O rapaz é fillo de Violeta, a irmá de Pedro, unha hippie que vai facer unha viaxe á India co seu novo noivo. Pedro, a carón desta nova situación, terá que cambiar o seu ritmo de vida. Mentres o sobriño ten unha actitude natural e sen prexuízos cara a el.
Aos poucos días chégalle a noticia de que a súa irmá e a súa parella foron detidos na India por temas de drogas e que Violeta deberá pasar os próximos anos no cárcere. Pedro terase que enfrontar a esta situación e coidar ao cativo. Logo aparece a dona Teresa, a avoa paterna de Bernardo, coa que non tiña case relación, e que cre que a educación do cativo non debe estar nas mans dun homosexual.
Elenco
[editar | editar a fonte]- José Luis García (1972): Pedro.
- David Castillo (1992): Bernando, sobriño de Pedro.
- Elvira Lindo (1962): Violeta, irmá de Pedro e nai de Bernardo.
- Diana Cerezo: Lola, a canguro (coidadora do rapaz).
- Josele Román (1946): Gloria, a porteira e nai de Lola.
- Empar Ferrer: dona Teresa, avó do rapaz.
- Mario Arias: Javi, amigo de Pedro.
- Arno Chevrier: Manuel, o noivo parisiense de Pedro.
Comentarios
[editar | editar a fonte]- Na banda sonora de Cachorro, aparecen dúas cancións de Fangoria: Me odio cuando miento e Hombres. A primeira canción é do disco Una temporada en el infierno (1999) e a segunda de Naturaleza muerta (2001).
- A película estreouse no Festival de Cine de Berlín de 2004.
- En EE. UU censuráronse dúas escenas de sexo (a escena inicial e a da sauna).