Bilbao Arena
Aparencia
Bilbao Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°15′08″N 2°55′33″O / 43.252222, -2.925833 |
Localización | Bilbao, España |
Construción | |
Inauguración | 24 de setembro de 2010 |
Arquitecto | ACXT-Idom |
Custo | 38 000 000 € |
Estadio | |
Capacidade | 10 014 espectadores[1] |
Propietario | Concello de Bilbao |
Localía | Bilbao Basket |
Eventos | |
Eurobasket sub-20 2011 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Bilbao Arena ou Palacio de Deportes de Bilbao é un pavillón polideportivo situado no barrio de Miribilla da cidade de Bilbao, no País Vasco, inaugurado en 2010.[2] É utilizado polo Bilbao Basket para xogar os seus partidos como local. O palacio conta cunha capacidade de 8500 espectadores. A pista pode acoller ademais todo tipo de espectáculos. As instalacións do palacio complétanse con piscinas e ximnasios para o uso dos veciños de Miribilla. O edificio foi galardoado polo Arch Daily como edificio deportivo do ano 2011.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Palacio de deportes Bilbao Arena". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ "Inaugurado el moderno 'Bilbao Arena', cancha de Bilbao Basket y polideportivo municipal para Miribilla". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ Arch Daily "Building of the year"