[go: up one dir, main page]

Tocantins

estado federado do Brasil

Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Maranhão ao norte e nordeste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.

Modelo:Xeografía políticaTocantins
Imaxe

HimnoHino do Tocantins (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoRío Tocantins Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°25′S 48°09′O / -9.42, -48.15
EstadoBrasil
RexiónsRexión Norte do Brasil Editar o valor en Wikidata
CapitalPalmas Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.550.194 (2017) Editar o valor en Wikidata (5,57 hab./km²)
Lingua usadaLíngua krahô (pt) Traducir
Língua avá-canoeira (pt) Traducir
Língua apinajé (pt) Traducir
Língua carajá (pt) Traducir
Xerénte (en) Traducir
Língua tapirapé (pt) Traducir
Tocantins Asurini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie278.420,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude525 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1988 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo do Tocantins (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataMauro Carlesse (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa do Tocantins (pt) Traducir , (Escano: 24) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-TO Editar o valor en Wikidata

Páxina webportal.to.gov.br Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.

Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.

Economía

editar

A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.

Turismo

editar

O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar