[go: up one dir, main page]

Tetrahidrocannabinol

composto químico
(Redirección desde «THC»)

O tetrahidrocannabinol, tamén coñecido como THC, Δ9-THC, Δ9-tetrahydrocannabinol (delta-9-tetrahydrocannabinol), Δ1-tetrahydrocannabinol (empregando a nomenclatura clásica) ou dronabinol (forma farmacéutica que consiste en cápsulas con THC en aceite de sésamo), é a principal substancia psicoactiva atopada nas plantas da especie Cannabis sativa L.. En estado puro, ten o aspecto de cristais a baixas temperaturas, e muda a viscoso e pegañento o quentalo. O THC é pouco soluble na auga, pero disolvese facilmente na maioría de disolventes orgánicos como o etanol ou o hexano.

Estrutura do Tetrahidrocannabinol

Estrutura do Tetrahidrocannabinol

editar
 
Estrutura en 3D do THC

O Cánnabis "normal" conten habitualmente entre 0,5 a 5% de THC dependendo das diferentes técnicas de cultivo (dende o cultivo en horta, pasando polo cultivo en macetas (luz natural ou artificial) ata o cultivo hidropónico).As variedades desenvolvidas polos bancos de sementes teñen un nivel de THC máis alto, chegando as variedades máis potentes o 24% de THC. o contido en THC depende da xenética da planta e das condicións ambientais nas que se desenvolve, sendo os polihíbridos comerciais os que alcadan maiores concentracións de alcaloides. A marihuana chamada "sen semente" fai referencia a plantas femias que non foron polinizadas. Estas son as que conteñen a meirande cantidade de THC, debido a que a non polinización produce un estrés na planta que fai que aumente a cantidade de THC. Os machos deben tirarse, salvo para poder polinizar e facer sementes, pero nas plantas polinizadas aportarán sobre todo iso, sementes, en detrimento da resina psicoactiva.


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.