Steve Nash
Stephen Josh Nash, coñecido como Steve Nash, nado en Xohanesburgo (Suráfrica) o 7 de febreiro de 1974, é un ex xogador profesional de baloncesto canadense. Conseguiu o MVP da liga regular dous anos consecutivos, en 2005 e 2006. Foi encargado de acender o pebeteiro nos Xogos Olímpicos de inverno de 2010 celebrados en Vancouver. Anunciou a súa retirada en marzo de 2015.
Traxectoria
editarAntes de facer dous anos mudouse cos seus pais ao Canadá, instalándose en Vitoria, Columbia Británica. A razón fundamental foi que os seus pais non querían que Steve crecese envolvido no apartheid. A súa familia está moi relacionada co mundo do deporte. O seu pai John foi un futbolista profesional que xogou en Suráfrica, mentres que a súa nai, Jean, era membro da selección inglesa de netball. O seu irmán Martin foi internacional 33 veces coa selección canadense de fútbol, mentres que a súa irmá Joann foi a capitá do equipo de fútbol da Universidade de Vitoria durante tres tempadas.
Preparatoria
editarNash atendeu primeiro ao Mount Douglas Secondary School (onde xogou xunto ao seu irmán Martin) para despois pasar á escola privada de St. Michael's University School, en Vitoria, onde formou parte do equipo de baloncesto. Alí asinou como "sénior" 21,3 puntos, 9,1 rebotes e 11,2 asistencias, case un triplo dobre de media. Liderou ao equipo ao título provincial. Nash decidiu adicarse ao baloncesto a pesar de que tamén xogaba ao fútbol no instituto, onde foi nomeado Xogador do Ano en Columbia Británica, idéntico galardón ao que recibiu en baloncesto durante a súa tempada sénior.
Universidade
editarDebido á limitada oferta que ofrecía o baloncesto universitario no Canadá, Nash tivo que buscarse a vida en Estados Unidos para recalar na NCAA. Ian Hyde-Lay, o seu adestrador do instituto, enviou vídeos de Steve a 30 universidades, pero a ningunha lle chamou a atención. Con todo, nunha viaxe de traballo, o adestrador da Universidade de Santa Clara, deu con Nash, de quen pediu vídeos antes de concertar unha cita co xogador. Despois de verlle dominar un partido, Davey recalcou: "Estaba moi nervioso esperando que ninguén máis puidese fixarse nel". Nash matriculouse en Santa Clara na tempada 1992-93. Como freshman, axudou aos Broncos ao título da West Coast Conference e a un gran triunfo ante o nº2, Arizona Wildcats, na 1ª rolda do torneo NCAA de 1993, aínda que logo caerían ante Amorne Owls. Aquela tempada faría 821 puntos, 225 rebotes e 222 asistencias por partido.
No seu ano sophomore, Steve tomou as rendas do equipo facendo 14,6 puntos, 2,8 rebotes e 3,7 asistencias. O único punto negativo foi que o equipo non logrou clasificarse para o torneo NCAA. A súa verdadeira irrupción deuse nas súas dúas últimas tempadas, tanto na 1994-95 como na 1995-96 foi elixido Xogador do Ano na West Coast Conference, o primeiro Bronco en facelo desde Kurt Rambis. No seu ano júnior fixo 20,9 puntos, 4,2 rebotes e 6,4 asistencias, callando a súa mellor tempada na NCAA. No torneo final caeron en 1ª rolda ante Mississippi State.
Como sénior asinou 17 puntos, 3.6 rebotes e 6 asistencias. Foi honorable mención All-America por The Associated Press e USBWA. Esta vez caerían en 2ª rolda ante Kansas Jayhawks. Nash finalizou a súa carreira en Santa Clara como líder histórico en asistencias (510), porcentaxe en tiros libres (86,2) triplos anotados e tentados (263-656). Acabou 3º en puntos (1.689) e ostenta o récord de mellor porcentaxe en tiros libres nunha tempada, con 89,4. En setembro de 2006, Santa Clara retirou o seu dorsal 11, converténdose no primeiro deportista da devandita universidade en ter tal honra. Mentres estivo na universidade, xogou coa selección canadense de baloncesto na Universiada de 1993, onde gañou a medalla de prata tras perder fronte a Estados Unidos, onde xogaban Michael Finley e Damon Stoudamire. Ese mesmo ano, Steve tamén xogou con Columbia Británica nos Xogos do Canadá, logrando a medalla de bronce nesta ocasión.
NBA
editarFoi seleccionado por Phoenix Suns na posición número 15 do draft de 1996. Tras xogar dúas tempadas a un nivel correcto, foi traspasado a Dallas a cambio de Müürsepp, Bubba Wells, Pat Garrity e unha rolda de draft futura. Cos Mavericks disputou seis tempadas, dúas delas xogando tódolos partidos. Despois da tempada 2004 non renovou o seu contrato co equipo e quedou como axente libre. Os Phoenix Suns non dubidaron en volver contratalo.
O seu tres últimas tempadas en Phoenix convertéronlle en toda unha estrela da NBA, coñecido a nivel mundial como un dos mellores xogadores do mundo. As súas grandes calidades valéronlle para ser o MVP da NBA dúas veces, en 2005 e 2006. Na tempada 2005-2006 facendo 10,5 asistencias, 18,8 puntos e 4,2 rebotes por partido. Tivo un tanto por cento de acerto excelente: o 51,2% en tiros de dous puntos, o 43,9% en triplos e o 92,1% desde a liña de tiros libres. Superar o 50%, o 40% e o 90% nos respectivos campos é algo que só conseguiron catro xogadores até o momento: Mark Price, Larry Bird, Reggie Miller e Steve Nash . Como curiosidade, dende Larry Bird ningún xogador branco conseguira o MVP.
Nash liderou aos Phoenix Suns durante dous anos consecutivos á final da conferencia oeste e na tempada 2005-2006 quedaron ás portas das finais, eliminados polo seu ex equipo, os Dallas Mavericks. Nash ten ademais grandes habilidades para o fútbol. Isto púidose comprobar nun concurso de mates do All-Star, cando lle deu un pase preciso e espectacular ao seu compañeiro de equipo Amar Stoudemire coa cabeza aínda que finalmente non se alzase co trofeo. Non é algo estraño, pois o seu pai foi futbolista profesional en Suráfrica e o seu irmán e irmá son profesionais deste deporte. As dúas virtudes máis importantes e características de Steve Nash son: a súa capacidade para asistir aos seus compañeiros de calquera xeito practicamente e sempre da forma máis adecuada (permitíndose en multitude de ocasións realizar movementos espectaculares) e a súa facilidade para converter anotacións de todos os tipos, sobre todo en canto o que a lanzamentos de tres puntos se refire.
Curisidades
editar- É fan dos equipos de fútbol Real Madrid de España, Tottenham Hotspur de Inglaterra e Olimpia de Paraguai, por influencia do seu pai e da súa esposa, respectivamente. O seu xogador de fútbol favorito é Zinedine Zidane.
- Está casado coa paraguaia Alejandra Amarilla desde xuño de 2005, con quen ten dúas fillas xemelgas, Lola e Bella.
- En 2001 fundou a súa propia Fundación Steve Nash.
- O escritor Jeff Rudd adicoulle un libro: Long Shot: Steve Nash's "Journey to the NBA
- Fixo un cameo na popular serie Entourage na súa sexta tempada.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar