[go: up one dir, main page]

O simbolismo é un movemento literario e artístico aparecido en Francia e en Bélxica cara a 1870, en reacción ao naturalismo e en reacción ao movemento parnasiano.

Historia

editar

Foi un dos movementos artísticos máis importantes de finais do século XIX. Nun Un manifeste littéraire ("Un manifesto literario"), publicado en 1886, Jean Moréas definiu este novo estilo: "Inimigo do ensino, a declamación, a falsa sensibilidade, a descrición obxectiva". [1]

A literatura simbolista ten intencións metafísicas, intenta utilizar a linguaxe literaria como instrumento cognoscitivo, polo cal atópase impregnada de misterio e misticismo. Intentaba atopar o que Charles Baudelaire, gran poeta deste movemento [2], denominou "correspondencias", as secretas afinidades entre o mundo sensible e o mundo espiritual. Para iso utilizaban determinados mecanismos estéticos, como a sinestesia.

O simbolismo ruso foi unha corrente principalmente literaria que apareceu en Rusia pouco despois do simbolismo belga e francés, a finais do século XIX primeira década do XX, en certo modo paralelo ao modernismo literario hispano. Brillou na poesía lírica, na teoría da arte e a filosofía. Os principais círculos simbolistas rusos estaban en San Petersburgo e Moscova, nos que participaban Fiódor Sologub, Viacheslav Ivánov e Aleksandr Blok entre outros.

O simbolismo, ademais de Francia, Bélxica e Rusia, tivo influencia tamén na literatura e nas artes do Uruguai, Portugal, Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Xeorxia, Armenia, Países Baixos, Reino Unido, etc.

Teimas simbolistas

editar
  • A espera de non sabemos que.
  • O tema fúnebre está presente, pero xamais presentado como unha solución inmediata.
  • endormissement, a princesa adormentada. Pero tamén a natureza adormentada, hai moi poucas celebracións primaverais.
  • Silencio, ou mutismo. O silencio é unha virtude en si, leva nel a promesa de volta do anxo, do mensaxeiro.
  • A melancolía
  • A aparencia física é unha parada simple cara a máis alá.
  • Desexo de alteridade.
  • Alusións á relixiosidade.
  • O Misterioso.
  • O Incerto.
  • O Fascinante.
  • O Inconsciente.
  • Correspondencia, analoxía entre as cousas.

Escolma de escritores simbolistas

editar
 
Salammbô (1907) poir Gaston Bussière. O simbolismo literario influíu e foi influído tamén na pintura en autores como Gustav Klimt, Caspar David Friedrich, etc.

Precursores

editar

Autores simbolistas

editar

Franceses

Franco-uruguaios

Belgas

Neerlandeses

Alemáns e austríacos

Portugueses e brasileiros

Rusos

Serbios

Armenios

Xeorxianos

Polacos

Ingleses e estadounidenses

Romanía

Outros

editar

Influencia posterior na literatura en inglés

editar

Artistas visuais simbolistas

editar

Dramaturgos influídos polo simbolismo

editar

Compositores influídos polo simbolismo

editar
  1. "Un Manifeste littéraire: Le Symbolisme - The Art and Popular Culture Encyclopedia". www.artandpopularculture.com. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Charles Baudelaire, entre romantisme et symbolisme". www.lumni.fr (en francés). Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén

editar