Arte minoica
A arte minoica ou arte da antiga civilización minoica desenvolveuse entre o 3 000 e o 1 100 a.C. tanto na illa de Creta, como en diversas rexións do Exeo e o Mediterráneo, lougares onde a influencia minoica foi forte por mor do comercio intenso con potencias e pobos dos arredores.
Arquitectura
editarUnha das achegas máis notábeis dos minoicos a arquitectura é súa columna exclusiva, que era maior no cume que na base. As columnas estaban feitas de madeira e eran xeralmente pintadas de vermello. Estaban montadas nunha base de pedra sinxela e cubertas cunha almofada, unha peza redonda en xeito de capitel.[1][2] Durante o Minoico Medio os minoicos desenvolveron técnicas arquitectónicas revolucionarias como o uso de cantarías cortadas e a perforación de encaixes no cume de bloques de cantarías para a fixación de grandes vigas horizontais.
Debido a mitoloxía, moitos estudosos por anos loitaron para descubrir a localización do famoso labirinto do minotauro. Como Evans apuntou en súas primeiras impresións, Cnossos debería ser considerado como o labirinto, mentres que recentes investigacións apuntan a caverna de Escoteino, a 12 km de Cnossos, como o real labirinto. Usada para a someter os mozos a probas iniciativas, as súas galerías subterráneas descenden até 55 metros de profundidade dispóndose en 4 niveis con rutura de niveis e zonas sen saída; polo percorrido hai bloques calcarios esculpidos que representan cabezas monstruosas. No fin do circuíto hai un altar de pedra.[3] Alén diso, segundo algúns autores, o nome "labirinto" (labýrinthos), por aproximación etimolóxica coa palabra labrys (machado dobre), apuntaría para a seguinte interpretación: labýrinthos ó contrario da súa interpretación literal podería ser encarado como "palacio do labrys".[4]
Frescos
editarTodos os frescos minoicos coñecidos son datados do período neopalacial. Foron atopados en Festo, Mália, Hagia Triada, Amnisos, Tílissos, e principalmente Cnossos, así como en Akrotiri, Agia Irini e Filácopi. Entre as representacións artísticas están procesións relixiosas, animais mariños (golfiños, peixes, polbos), terrestres (león, gato, macaco) e voadores (paxaros), flores e outras representacións botánicas, escenas de puxilismo e outras modalidades de loita, taurocatapsia (saltos sobre touros), seres mitolóxicos (grifóns) e deuses, persoas da sociedade, liteiras, etc. Os rostros dos homes eran pintados con vermello, mentres os das mulleres eran pintados de branco.
Notas
editar- ↑ (Benton 1998, p. 67)
- ↑ (Bourbon 1998, p. 34)
- ↑ (Salles 2008, p. 36-37)
- ↑ (Brandão 1986, p. 55)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Benton, Janetta Rebold; DiYanni, Robert (1998). Arts and Culture: An Introduction to the Humanities (en inglés). Nova Jersey.
- Bourbon, F. (1998). Lost Civilizations (en inglés). Nova York.
- Salles, Catherine (2008). Larousse das Civilização Antigas. Vol. I Dos faraós à fundação de Roma. São Paulo: Larousse do Brasil. ISBN 978-85-7635-443-7.
- Brandão, Junito de Souza (1986). Mitologia Grega I (18ª ed.). Petrópolis: Vozes. ISBN 9788532604071.