Rupia
A rupia[1] (en hindi e urdú: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, o Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas.
Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e o Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas. O símbolo xenérico é ₨ ou Rs, con variacións nacionais. Para diferenciar das demais rupias, a india introduciu o símbolo en 2011.[2]
A rupia tamén foi usada pola Nintendo como moeda en forma de xemas na serie de xogos: The Legend of Zelda
Etimoloxía
editarA orixe da palabra "rupia" é o termo sánscrito rūp ou rūpā ("prata"), da cal deriva rúpya ("prata amoedada") e rūpyakam (devanágari: रूप्यकम्), "moeda de prata".[3] O seu primeiro rexistro en portugués é de 1608.
Historia
editarA variante Rūpaya foi usada para a moeda creada no século XVI por Sher Shah Suri,[4] un afgán que reinou por un breve período (1540 a 1545) en Delhi. A Rūpaya orixinal era unha moeda de prata cuxo peso correspondía a 178 grans ou 11,5344 gramos.[5] A moeda circulou dende entón, até mesmo durante o período da India Británica, con 11,66 gramos e 91,7% de contido de prata por peso (isto é, prata no valor de cerca de US$ 4 en prezos actuais). Ó final do século XIX, a taxa de cambio usual era de 1 rupia para 1 xilin e 4 peniques británicos, ou 1/15 da libra esterlina.
O uso da prata como padrón tivo consecuencias serias no século XIX, cando as maiores economías do mundo adoptaban o padrón ouro. O descubrimento de grandes cantidades de prata nos Estados Unidos e en colonias europeas resultou no declive do valor da prata en relación ó ouro. Por este motivo, a moeda-padrón da India perdeu valor en relación ó resto do mundo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rupia.
- ↑ Rupia, a moeda indiana, ganha novo símbolo. O Globo, 16 de julho de 2010.
- ↑ "Etymology of rupee". etymonline.com. 20 de setembro de 2008. Consultado o 20 de setembro de 2008.
- ↑ "Mughal Coinage". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2002. Consultado o 29 de agosto de 2017.
Sher Shah issued a coin of silver which was termed the RUPIYA. This weighed 178 grains and was the precursor of the modern rupee. It remained largely unchanged till the early 20th Century
- ↑ "Mughal Coinage.". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2002. Consultado o 04 de xullo de 2017.