[go: up one dir, main page]

Libra esterlina

unidade monetaria oficial do Reino Unido

A libra esterlina (en inglés pound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual.

O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p. Anteriormente a libra estaba dividida en 20 xilins (en inglés shillings; símbolo: s), e cada un destes, á súa vez, dividíase en 12 peniques antigos (símbolo: d). Un penique antigo equivale a 2,4 dos novos.

As moedas dunha libra esterlina de ouro emitidas desde 1817 ata os nosos días reciben o nome de "soberano".[1]

A libra esterlina é unha das moedas con que se realizan máis transaccións comerciais, xunto co dólar dos Estados Unidos de América, o euro, o ien xaponés e o dólar australiano. Segundo datos de xuño do 2005, era a sexta unidade monetaria de valor máis alto no mundo.

Emisións

editar

É emitida polo Banco de Inglaterra (Bank of England) para o seu uso en Inglaterra e máis Gales. Hai diversas libras equivalentes emitidas noutras partes das Illas Británicas e nos Territorios británicos de ultramar, como:

 
Antiga moeda fraccionaria de xilin de 1955

Todas estas tiraxes teñen validez legal en todos os territorios, independentemente de que, no aspecto práctico, non todas sexan ben recibidas.

Circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e de 1 e 2 libras, e billetes de 5, 10, 20 e 50 libras. O billete de 1 libra retirouse da circulación en 1984, con motivo da aparición da moeda do mesmo valor.

Taxa de cambio

editar

Con data do 2 de abril de 2007, 1 GBP equivalía a 1,47 EUR.

  1. "Soberano". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar