Rudolf Hess
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
Rudolf Walter Richard Heiß, a miúdo escrito Hess, nado en Alexandría (Exipto) o 26 de abril de 1894 e finado en Berlín o 17 de agosto de 1987, foi un político alemán, figura chave da Alemaña nazi.
Nome orixinal | (de) Rudolf Heß |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Rudolf Walter Richard Heß 26 de abril de 1894 Alexandría, Exipto |
Morte | 17 de agosto de 1987 (93 anos) Prisão de Spandau, Alemaña (pt) |
Causa da morte | suicidio, asfixia |
Lugar de sepultura | Wunsiedel (pt) (–2011) Mar do Norte |
Reichsminister (pt) | |
1 de decembro de 1933 – | |
Deputy Führer (en) | |
21 de abril de 1933 – | |
Membro do Reichstag da Alemaña nazi | |
Parlamentario da República de Weimar | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | político, aviador, comerciante |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (–1933) Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1920–1941) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Alemaña nazi |
Rama militar | Infantaría e artilharia (pt) |
Rango militar | Tenente |
Conflito | Primeira guerra mundial Primeira batalla de Ypres Batalla de Verdún |
Participou en | |
14 de novembro de 1945 | International Military Tribunal (en) |
9 de novembro de 1923 | Putsch de Múnic |
Outro | |
Cónxuxe | Ilse Heß (1927–) |
Fillos | Wolf Rüdiger Hess |
Pais | Fritz Hess e Clara Münch |
Irmáns | Alfred Heß |
Condenado por | crime contra a paz (pt) (1946) corrupción política (1946) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гесс Рудольф) Obálky knih, |
Traxectoria
editarNaceu en Alexandría, Exipto, o 26 de abril de 1894. De carácter solitario e retraído, foi educado nun ambiente estrito e espartano por un pai moi disciplinado e unha nai inglesa de orixe grega, e a nivel académico foi instruído primeiro con titores privados e logo na escola da súa cidade natal, ata os 14 anos, idade coa que ingresou nun internado xuvenil de Bad Godesberg.
Recibiu formación para os negocios, profesión que o seu pai desexaba para el; despois estudou Ciencias Políticas, como o seu pai. Posteriormente asistiu á Escola Superior de Comercio de Neuchâtel en Suíza, a fin de adquirir os coñecementos necesarios para facerse cargo da empresa familiar.
Ao comezar a primeira guerra mundial, a piques de ingresar na Universidade de Oxford, alistouse no exército alemán como voluntario do 7° Batallón de artillaría bávaro e nos seus primeiros combates obtivo a Cruz de Ferro por dúas feridas, unha delas grave no pulmón esquerdo.
Ao final da guerra converteuse en experto piloto e inscribiuse na Universidade de Múnic para estudar economía, onde acostumaba distribuír panfletos antisemitas. O 1 de maio de 1919 participou xunto aos Freikorps na loita violenta contra a efémera República Soviética de Baviera, sendo ferido na perna.
Nazismo
editarEn 1919, no transcurso dun mitin, coñeceu a Adolf Hitler e quedou moi impresionado co que sería anos máis tarde o líder de Alemaña. Pola súa banda, Hess presentaríalle a Hitler aos científicos xeopolíticos Karl Haushofer e Albrecht Haushofer, que exercerían unha grande influencia sobre o futuro ditador.
Membro da Sociedade Thule, o 1 de xullo de 1920 incorporouse ao Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores (NSDAP polas súas siglas en alemán), e participou no Putsch de Múnic de 1923, polo que foi a prisión e compartiu cela con Haushofer e Hitler. Colaborou neste momento con este último na redacción do libro Mein Kampf.
Despois foi comandante dun batallón das SA. En 1925 comeza a súa actividade política no rol de secretario político de Hitler. Ademais escribiu sobre el un ensaio titulado Como debe ser o home que conduza a Alemaña á súa antiga grandeza.
En 1927 casa con Lise Pröhl, con quen tivo o seu único fillo: Wolf Rüdiger Hess.
Cinco anos despois foi nomeado Presidente do Comité Central Nazi e, en 1933, elixido como parlamentario do Reichstag (parlamento alemán). Co ascenso ao poder de Hitler, foi designado xefe do partido nazi e Ministro de Estado. Ocupou case todas as carteiras, agás a de guerra e a de política exterior. Pasou a ser o segundo na xerarquía nazi, antes de que Joseph Goebbelso o substituíse; malia a estes cargos Hess nunca deu perfil de líder. Foi considerado como a «cara amable» do réxime nazi. Organizou os Xogos Olímpicos de Berlín en 1936 e mantivo unha estreita amizade con Leni Riefenstahl, a documentalista de Hitler.
O voo cara a Escocia
editarA segunda guerra mundial comezou en 1939. Alemaña preparaba o asalto á Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) e nese momento Alemaña perdera no mes de maio de 1941 no océano Atlántico, un dos seus mellores acoirazados, o Bismarck. Hess voou nun bimotor BF-110 (en solitario), a Gran Bretaña, lanzándose en paracaídas sobre territorio escocés, onde foi feito prisioneiro pese as súas alegacións de que fora alí para iniciar conversas de paz.
Hai diferentes interpretacións deste feito. Algúns[quen?] argumentan solidamente que era un plan premeditado de Hitler para buscar a paz con Inglaterra, xa que tras a operación Barbarroxa tería que loitar en dúas frontes. Outros[quen?] defenden que foi unha iniciativa propia, da cal Hitler tiña algún coñecemento e, aínda que se mantivo á marxe, tampouco a obstaculizou.
O avión usado
editarHess pilotaba expertamente un Messerschmitt Bf 110, matrícula VJ-OQ tipo D modificado especialmente polo fabricante (un caza Zerstörer triplaza e bimotor), cuxa velocidade máxima era de 600 km/h.
As modificacións consistían nun compartimento que contiña unha balsa inchable completamente equipada, un receptor Lorenz, radio adaptada para poder ser empregada directamente polo piloto e ademais a envergadura das ás estaba estendida e a fuselaxe tiña 50 cm máis de lonxitude. Non estaba armado nin contiña bombas ou outros elementos defensivos ou ofensivos.
Cronoloxía do voo
editarO 10 de maio de 1941, Hess e o Reichsleiter Alfred Rosenberg mantiveron un xantar privado en Augsburgo e desde alí Rosenberg dirixiuse a entrevistarse con Hitler en Berchtesgaden.
O persoal de servizo de Hess referiu que este se atopaba absolutamente tranquilo e que durmiu unha sesta para se erguer sobre as 15.00 para posteriormente ir visitar a súa dona Lise e o seu fillo. Máis tarde fíxose conducir ata a pista da Luftwaffe en Augsburgo a iso das 17.00.
O feito certo é que Hess voou de Augsburgo a Escocia o 10 de maio, superou a liña costeira holandesa ás 19.28 á altura de Texel. Alí virou 90° á dereita e voou nesa dirección uns 30 min para volver a virar 90° ao norte no mesmo sentido que traía inicialmente a baixa altura e sobre o Mar do Norte, con noite pecha nese momento.
Ás 20.50 aproximadamente interceptou liñas de radionavegación provenientes de radio faros emprazados en Dinamarca co receptor Lorenz e realizou un voo en zig-zag cubrindo traxectos paralelos durante 20 minutos de voo ata finalmente tomar rumbo a Escocia a iso das 21.52, para sobrevoar a liña costeira en torno ás 22.12 sobre Embleton, Escocia. Tan só lle quedaban 30 minutos de combustible.
Foi detectado por un posto de Observadores Reais (ROC) en Ashirck e os avións da RAF engalaron para interceptalo, pero o Me-110 era moito máis veloz que os avións enviados e nin remotamente estiveron preto da súa traxectoria.
Logo da chegada a Escocia, o certo é que esperaba tomar terra na propiedade chamada Casa Dungavel, do Duque de Hamilton, quen tiña unha pista privada que, segundo testemuñas cualificadas, estivo iluminada esa mesma noite misteriosamente, sobre todo se se ten en conta que eran tempos de guerra e ademais contaba nos seus hangares con caixas de repostos e dous tanques de combustible do mesmo tipo do avión no que Hess voaba.
Hess voou moi preto desa propiedade, pero segundo testemuñas fidedignas as pistas foron apagadas preto das 22.30, polo que buscou a suposta pista da mansión sen éxito. Preto das 22.45, o combustible só lle permitía uns 5-7 minutos máis de voo. Por algún motivo sobrevoou a devandita propiedade sen atopar a pista (estaba coas súas luces apagadas) e pasouse en dirección á costa oeste de Escocia. Cando sobrevoou de novo o mar (desfíxose dos tanques adicionais de combustible), virou 180° e volveu buscar a Mansión Dungavel. Sobrevoouna a iso das 22.45, pero as luces seguían apagadas.
A iso das 22.50, ao acabarse o combustible, viuse obrigado a saltar en paracaídas en Eaglesham, preto de Glasgow, invertendo o avión para zafarse da cabina.
Ao chegar a terra, Hess mancouse un nocello e un campesiño escocés, de maneira precautoria, auxiliouno e levouno onda unha gornición militar, onde intentou convencer de que era amigo do duque de Hamilton cun nome falso (Alfred Horn).
O voo que realizou Hess foi discutido amplamente en círculos de aviación, xa que se necesita ser un expertísimo piloto para realizar a singradura que el logrou.
O emisario de Hitler
editarHamilton acode á mañá seguinte e Hess preséntase co seu verdadeiro nome, aínda que o duque recoñéceo porque se viran por primeira vez nas Olimpíadas de Berlín cinco anos antes. O duque declara que non ten nada que tratar con Hess e este alega o seu desexo de chegar a un acordo de paz con Inglaterra, para o que trae unha mensaxe de Hitler. Inmediatamente foi feito prisioneiro pola Home Guard, para ser recluído posteriormente na Torre de Londres ata o final da Guerra. Todos os seus intentos de ser crido foron absolutamente infrutuosos.
Segundo versión do propio Hess, este era xa o seu terceiro intento para tratar de pactar a paz co Reino Unido e así cambiar o curso da guerra e poder concentrar a Wehrmacht nunha soa fronte leste contra a URSS. Con todo, o prematuro apreixamento de Hess conduciu ao fracaso as súas xestións.
No Museo Imperial de Guerra de Londres pódense apreciar a cola e o motor do avión pilotado por Hess. Fíxose publicar rapidamente o descoñecemento de ambas partes, Inglaterra e Hitler; este último desacreditouno poñéndoo na categoría de tolo e as cousas non saíron como Hess esperara.
Repercusións e controversias
editarAs razóns para obrar de tal forma foron e son aínda hoxe froito de diversas discusións e fonte de misteriosas teorías. Por unha banda, sostense que o propio Hess sabía de antemán que Alemaña podería ser vencida nas frontes británica e soviética, preocupación que tamén Karl Haushofer manifestara.
Outras explicacións argumentan a súa fuxida polas diferenzas que sostiña, non só con Hitler, senón con outros dirixentes nazis como Goebbels pero, sobre todo, con Martin Bormann e Heinrich Himmler en cuestións de sucesión ao Führer. O asunto é que este voo fora preparado con algúns meses de antelación.
Quizais o elemento máis controvertido é o testemuño dado por unha criada da Casa Dungavel que precisou que ademais de ter as luces da pista acesas momentos antes de que pasase Hess, esa noite do 10 de maio viu nos hangares privados da pista caixas contendo tanques de combustible fabricados en Augsburg, do mesmo tipo que o usado polo Me-110.
Hitler decatouse na mañá do día 11 a través dun sobre que lle entregou o secretario de Hess, cunha longa epístola deste no interior, na cal lle pedía ao Führer que, en caso de que saíse mal a aventura de chegar á paz con Inglaterra antes de invadir a URSS, podería argumentar que estaba tolo. A reacción alemá non se fixo esperar, pois Goebbels, como Ministro de Propaganda do réxime, catalogou o día 12 a actuación digna dun tolo desmedido. Horas despois, a BBC anunciaba a captura de Hess, que sería substituído no cargo por Martin Bormann.
Segundo algúns historiadores, para Hitler foi un acto de vil traizón, pois temía que os segredos da invasión á URSS fosen revelados, e para esta última nación, foi un acto que non lle valeu o perdón. Pero existen evidencias que avalan que Hitler sabía disto e que a reacción do Ministerio de Propaganda Alemán foi só unha manobra de distracción.
Xuízo, prisión e morte
editarLogo da súa estancia no Reino Unido, Hess tivo que ser devolto ao seu país ao final da guerra en calidade de criminal de guerra.
Decaído e consumido fisicamente, foi xulgado en Núremberg por mor de todas as decisións que tomou e asinou no seu cargo de ministro durante o réxime nazi, sendo condenado a cadea perpetua o 1 de outubro de 1946 e recluído na prisión de Spandau, na zona aliada de Berlín. Cabe destacar que Hess probablemente tiña moitos menos méritos culpables que outros xerarcas nazis con respecto á sentenza ditada.
Trala posta en liberdade de Albert Speer en 1966, Hess quedou como único preso do cárcere de Spandau durante máis de 20 anos, ata a súa morte. Nos anos 80, o caso Hess dividiu á opinión pública inglesa sobre a posibilidade de excarcelalo, pero a xustiza británica non atendeu estas correntes de opinión e mantivo en prisión a Hess malia os gastos que orixinaba á coroa pola súa manutención e infraestrutura carcelaria.
Os seus gardiáns dicían que a súa saúde mental estaba moi deteriorada e que perdera a memoria. Nos últimos anos da súa vida intensificouse o debate sobre a súa liberación por razóns humanitarias, pero o goberno británico seguiu sen telas en conta. Con todo, Hess morreu repentinamente o 17 de agosto de 1987, aos 93 anos de idade. Na autopsia oficial díxose que se suicidara por autoestrangulamiento, aínda que se acusou aos servizos secretos británicos de telo asasinado para resolver a incómoda cuestión da súa posta en liberdade, que non era descabellada en razón da Perestroika e do seu líder Gorbachov, Presidente da URSS. Ademais resultaba pouco crible a posibilidade de que un home con enfermidade de Parkinson en fase avanzada e as súas facultades físicas erosionadas pola súa avanzada idade, fose capaz de se tirar a vida por estrangulamento.
O diplomático nacionalsocialista e autor chileno Miguel Serrano narra no seu libro O cordón dourado o plan de rescate de Rudolf Hess proxectado para a semana seguinte á do seu deceso. O anterior, sumado á imposibilidade de familiares e seguidores de examinar o cadáver de Hess, contribuíu á teoría segundo a cal o goberno británico sería responsable da súa morte.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rudolf Hess |