1945
ano do calendario
1945 (MCMXLV) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
1945 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1945 MCMXLV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2698 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1394 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4641 – 4642 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5705 – 5706 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2000 – 2001 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1867 – 1868 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5046 – 5047 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1323 – 1324 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1364 – 1365 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2195 | ||||||||||||||||||
|
Este ano marcou a fin da segunda guerra mundial, após a derrota das Potencias do Eixo (a Italia fascista, a Alemaña nazi e o Xapón imperial, respectivamente).
Acontecementos
editar- 19 de febreiro - Executados en Santiago de Compostela os guerrilleiros Ramón Díaz Hermo e Santiago Rey N.
- 4 de marzo - Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG.
- 10 de marzo - Bombardeo de Toquio pola aviación dos Estados Unidos co resultado de 83 000 mortos.
- 2 de maio - Capitulación de Berlín, capital de Alemaña. O 7 de maio as forzas armadas alemás rendense ante o xeneral Eisenhower, e ó día seguinte ante o mariscal Zhukov.
- 15 de maio - A Garda Civil mata en Ordes a Manuel del Río Botana, enlace da guerrilla.
- 31 de maio - Delio Rodríguez convértese no primeiro galego en gañar a Vuelta Ciclista a España.
- 22 de xullo - Xuntanza en Coruxo de 19 galeguistas que deciden formar un Comité executivo provisorio do Partido Galeguista na clandestinidade.
- 6 de agosto - Bomba atómica sobre Hiroxima
- 9 de agosto - Bomba atómica sobre Nagasaki.
- 10 de agosto - Rendición incondicional do Xapón.
- 16 de outubro - Creación da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.
Acontecementos de maior duración
editar- Segunda guerra mundial (1939-1945)
Nacementos
editar- 1 de xaneiro - Betty Missiego, cantante española.
- 3 de xaneiro - Stephen Stills, cantautor estadounidense.
- 3 de xaneiro - Victoria Principal, actriz xaponesa-estadounidense.
- 6 de xaneiro - Alfredo Conde, escritor e político galego.
- 10 de xaneiro - Rod Stewart, cantante británico
- 6 de febreiro - Bob Marley, músico xamaicano de reggae (m.1981)
- 30 de marzo - Eric Clapton, músico británico.
- 4 de abril - Katherine Neville, escritora estadounidense.
- 25 de abril - Björn Ulvaeus, compositor sueco (ABBA)
- 1 de maio - Rita Coolidge, cantante estadounidense.
- 14 de maio - Yochanan Vollach, futbolista israelí.
- 17 de maio - Pieter Breuker, lingüista e escritor frisón.
- 19 de maio - Pete Townshend, compositor e músico inglés (The Who)
- 31 de maio - Laurent Gbagbo, presidente da Costa do Marfil
- 31 de maio - Rainer Werner Fassbinder, director alemán de cine (m. 1982)
- 14 de xuño - Cláudio Fontana, cantante brasileiro.
- 19 de xuño - Aung San Suu Kyi, poetisa de Mianmar, Premio Nobel da Paz
- 25 de xuño - Carly Simon, cantante estadounidense.
- 1 de xullo - Debbie Harry, cantante estadounidense.
- 23 de xullo - Carlos Pajares, físico español.
- 1 de agosto - Douglas D. Osheroff, físico estadounidense, Premio Nobel
- 14 de agosto - Wim Wenders, director de cine alemán.
- 9 de setembro - Dee Dee Sharp, cantante estadounidense.
- 10 de setembro - José Feliciano, cantante portorriqueño.
- 11 de setembro - Franz Beckenbauer, ex xogador de fútbol alemán.
- 12 de setembro - Milo Manara, creador de banda deseñada italiano.
- 21 de setembro - Camiño Noia Campos, escritora e lingüista galega.
- 22 de novembro - Francisco Rodríguez Sánchez, político galego.
- 24 de novembro - Naruddin Farah, escritor somalí.
- 17 de decembro - Joan Castejón, debuxante, pintor, escultor e escritor español.
Mortes
editar- 3 de xaneiro - Edgar Cayce, físico estadounidense.
- 19 de xaneiro - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (n. 1903).
- 22 de xaneiro - Else Lasker-Schüler, escritora alemá.
- 12 de marzo - Anne Frank, asasinada polos nazis no campo de concentración de Bergen-Belsen.
- 12 de marzo - Estanislao Pérez Artime, industrial e político galego (n. 1881).
- 31 de marzo - Hans Fischer, químico e médico alemán, premio Nobel de Química en 1930.
- 6 de abril - Manuel Bares Giráldez, xornalista e escritor galego.
- 25 de abril - José Santiago Seijo, avogado, xornalista e político galego (n. 1877).
- 28 de abril - Benito Mussolini, fundador do fascismo, duce de Italia (1922-1943).
- 30 de abril - Adolf Hitler suicídase no seu búnker en Berlín.
- 24 de maio - Heinrich Himmler, líder das SS alemás.
- 20 de xullo - Paul Valéry, poeta francés.
- 26 de setembro - Béla Bartók, compositor húngaro.
- 16 de outubro - José Baña Pose, escritor galego (n. 1872).
- 22 de outubro - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego.
- 29 de outubro - Xosé Arcos Moldes, perito mercantil e xornalista galego (n. 1863).
- 20 de novembro - Francis William Aston, físico e químico inglés, premio Nobel de Química en 1922.
- 4 de decembro - Thomas Hunt Morgan, fisiólogo estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1933.
- 25 de decembro - Juan Tizón Herreros, escritor e político galego (n. 1895).
Outros
editar- O ciclista galego Delio Rodríguez Barros vence na Volta ciclista a España.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1945 |