Renzo Piano
Renzo Piano, nado en Xénova o 14 de setembro de 1937, é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.
Traxectoria
editarFoi alumno e posteriormente mestre na Escola Politécnica de Milán. Dende 1965 ata 1970 traballou con Louis Kahn e con Makowsky. Tamén traballou xunto a Richard Rogers dende 1971 ata 1977, sendo o seu proxecto máis famoso o Centro Georges Pompidou en París no ano 1977. Mantén a súa casa e oficina de traballo na súa cidade natal.
Deseñou o Menil Collection Museum en Houston no 1986, un dos proxectos de enxeñería máis extraordinarios do século vinte no Aeroporto Internacional de Kansai, en Osaca (1988), e a reconstrución da Daimler-Benz en Berlín, Alemaña. No ano 2002 rematou o Auditorio de Música estado-da-arte en Roma. No 2003 remátase a Igrexa do Pai Pio Pelegrino en San Giovanni Rotondo. Deseñou tamén un museo en Berna dedicado ao pintor suízo Paul Klee. Piano ten deseñado tamén estadios, pontes e automóbiles. Un dos deus proxectos máis novos é o rañaceos Torre da Ponte de Londres.
No ano 1995 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Gañou o Premio Pritzker no ano 1998 e foi nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNESCO.
Principais proxectos
editar- Centro Georges Pompidou (con Richard Rogers), París, Francia (1971 - 1977)
- Aeroporto Internacional de Kansai, Osaca, Xapón (1990 - 1994)
- Centro Cultural Jean-Marie Tjibaou, Noumea, Nova Caledonia, Francia (1991 - 1998)
- Museo da Fundación Beyeler, Basilea, Suíza (1992 - 1997)
- Los Angeles County Museum of Art, Os Ánxeles, Estados Unidos (2004 - )
- Centro Botín, Santander, España (2012 - 2017)
- Stavros Niarchos Foundation Cultural Center, Atenas, Grecia (2012 - 2016)
Notas
editar- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Renzo Piano, Folla Web Oficial
- Biografía dos Premios Pritzker
- Perfil de Renzo Piano e os seus edificios en Greatbuildings.com