[go: up one dir, main page]

A illa Raivavae, tamén chamada Vavitu, é unha das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situada no medio do arquipélago, a 195 km ao sueste de Tubuai e a 730 km ao sur de Tahití.

Modelo:Xeografía políticaRaivavae
Imaxe

Localización
Mapa
 23°52′S 147°40′O / -23.87, -147.67
ColectividadePolinesia Francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie14,95 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude437 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Rairua (en) Traducir e Vaiuru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

É un antigo volcán que culmina no monte Hiro a 437 m de altitude. A superficie total é de 16 km². Está rodeada dunha lagoa pechada por arrecifes de coral con diversos illotes: Motu Man, Motu Haha, Motu Vaiamanu e Motu Araoo e Motu Haaamu.

Tiña 940 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son: Rairua (a capital da comuna), Mahanatoa, Anatonu e Vaiuru. O principal recurso da illa é o cultivo de café, a pesca na lagoa e a artesanía. Dispón dun aeródromo aberto en 2002.

A illa é rica en sitios arqueolóxicos polinesios. Foi descuberta polo español Tomás Gayangos en 1775, volvendo da expedición a Tahití organizada polo vicerrei do Perú, o catalán Manuel d'Amat i de Junyent. Bautizouna como Santa Rosa. En 1880 foi anexionada por Francia.