[go: up one dir, main page]

As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia Francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití, a carón do trópico de Capricornio.

Modelo:Xeografía políticaIllas Austrais
Tuha’a pae mā (ty) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Epónimosur Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°53′S 147°40′O / -23.88, -147.67
ColectividadePolinesia Francesa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.310 (2007) Editar o valor en Wikidata (41,51 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie152 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude435 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánica, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.

De noroeste a sueste, as illas son as seguintes:

  • Illotes María (ou illotes Hull): é un atol deshabitado.
  • Rimatara: é a máis pequena das illas habitadas do arquipélago, e unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia.
  • Rurutu: historicamente tamén chamada Oheteroa e Hitiroa.
  • Tubuai: é a illa máis poboada e o centro administrativo e económico do arquipélago.
  • Raivavae: tambiém chamada Vavitu.
  • Rapa Iti: «a pequena Rapa», para distinguila de Rapa Nui, «a gran Rapa», nome da illa de Pascua.
  • Marotiri (ou illotes de Bass): están deshabitados.

Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).

As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia Francesa.

Mapa das Illas Austrais
Mapa das Illas Austrais

Referencias

editar

Ligazóns externas

editar