Radioloxía
A radioloxía[1] é a especialidade médica que se ocupa de xerar imaxes do interior do corpo mediante diferentes axentes físicos (raios X, ultrasóns, campos magnéticos, entre outros) e de empregar estas imaxes para o diagnóstico e, en menor medida, para o prognóstico e o tratamento das doenzas.[2] Tamén é chamada xenericamente radiodiagnóstico ou diagnóstico por imaxe.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A radioloxía debe distinguirse da radioterapia, que non emprega imaxes, senón que emprega directamente a radiación ionizante (raios X de maior enerxía que os empregados para diagnóstico, e tamén radiacións doutro tipo) para o tratamento das doenzas (por exemplo, para deter ou frear o crecemento dos tumores que son sensibles á radiación).
Técnicas máis empregadas
editar- Radiografía: Irradia os pacientes con raios X e observa os resultados en películas ou outros soportes.
- Mamografía: unha radiografía do Parénquima mamario das mulleres para realizar imaxes.
- Tomografía computadorizada (TC), e antigamente TAC: Bombardea radioactividade con raios X para visualizar as estruturas anatómicas en forma de tallos en planos sucesivos.
- Anxiografía: Co obxectivo de visualizar o interior dos vasos sanguíneos, engádeselle dentro do corpo un contraste radioopaco, que absorve a radiación X para que sexa visible na radiografía antes de bombardealo cos raios X.
- Densitometría ósea: Tamén emprega a inxección de contraste radioactivo para producir imaxes do tecido óseo. Emprega o isótopo radioactivo gadolinio 132 e os raios X de enerxía dual.
- Imaxe por resonancia magnética: emprega a enerxía radiante para producir imaxes.
- Ecografía ou ultrasonografía: Baséase na emisión de ondas sonoras fóra da banda audible e a captación dos seus ecos para formar a imaxe.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para radioloxía.
- ↑ Monico, Edward; Schwartz, Ian (2010). "Communication and documentation of preliminary and final radiology reports". Journal of Healthcare Risk Management 30 (1): 23–25. ISSN 1074-4797. doi:10.1002/jhrm.20039.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radioloxía |
Ligazóns externas
editar- RadioloxíaArquivado 24 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en DMOZ
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |