[go: up one dir, main page]

A WIKIPEDIA NON DÁ CONSELLOS MÉDICOS

A Wikipedia contén artigos acerca de moitos temas médicos; non obstante, non hai garantías de que estes sexan veraces nin de que sexan precisos. Non hai ningunha seguridade de que calquera declaración contida ou citada nun artigo de materia médica é verdade, correcta, precisa ou estea actualizada. A meirande parte deste tipo de artigos están escritos, en parte ou integramente, por xente non profesional. Incluso se a declaración feita sobre medicina é precisa, pode que non se corresponda con vostede ou os seus síntomas.

A información médica proporcionada pola Wikipedia é, no mellor dos casos, dunha natureza xeral e nunca pode substituír o consello dun profesional médico (por exemplo, un doutor/médico cualificado, enfermeiro ou farmacéutico). A Wikipedia non é unha doutora.

Ningún dos colaboradores individuais, operadores do sistema, desenvolvedores, patrocinadores da Wikipedia nin calquera outro relacionado con esta pode ser responsable dos resultados ou consecuencias de calquera intento de uso ou adopción da información presente neste sitio web.

Nada na Wikipedia ou que estea incluído como parte de calquera proxecto da Fundación Wikimedia podería interpretarse como un intento de ofrecer ou prestar unha opinión médica ou doutro modo participar na práctica da medicina.