[go: up one dir, main page]

Paul Bartsch

zoólogo estadounidense

Paul Bartsch, nado o 14 de agosto de 1871 en Tuntschendorf, Silesia, Imperio alemán, e finado o 24 de abril de 1960, foi un malacólogo e carcinólogo estadounidense,[1] coñecido por ser o último dos pertencentes á "Idade Descritiva da Malacoloxía".[2]

Modelo:BiografíaPaul Bartsch
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1871
Tuntschendorf, Silesia, Imperio alemán
Morte24 de abril de 1960
McLean, Virxinia
Lugar de sepulturaGlenwood Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Profesor emérito
1946 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Iowa
Q89547790ser o inventor dunha das primeiras cámaras subacuáticas
Actividade
Campo de traballoMalacoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmalacólogo, carcinólogo
EmpregadorUniversidade George Washington
Smithsonian Institution
Membro de
AlumnosSui Fong Chen (en) Traducir e Benjamin Goodwin Chitwood Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de xaneiro de 1933Johnson-Smithsonian Deep-Sea Expedition, 1933 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBartsch Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAnna Bartsch-Dunne Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Paul Bartsch emigrou cos seus pais aos Estados Unidos en 1880, primeiro a Missouri e logo a Burlington, Iowa. Cando era neno comezou a traballar no seu tempo libre en varios empregos. Pronto se interesou pola natureza, primeiro mantendo un pequeno taller na casa e, durante os seus anos de instituto, recolleu paxaros e preparou peles. Estableceu un club de historia natural na súa casa cun pequeno museo e o taller. Cando ingresou na Universidade de Iowa, en 1893, xa recollera 2 000 peles.

Entre os seus profesores da Universidade estaban o xeólogo Samuel Calvin, os botánicos Thomas H. Macbride e Bohumil Shimek e o zoólogo Charles C. Nutting. Acadou o B.S. en 1896, o M.S. en 1899 e o doutoramento en 1905.[3]

Foi profesoror da Universidade George Washington e comisario da Smithsonian Institution de 1914 a 1945.

Inventou, en 1922, unha das primeiras cámaras subacuáticas.

Taxons nomeados por Bartsch

editar

Paul Bartsch propuxo 3 278 taxons, dos cales 2 979 foron de novas especies e subespecies e 299 son nomes supraespecíficos. Destes, 1 257 publicáronse xunto con outros autors. Estes taxons, excepto tres, eran todos de moluscos.[4]

Taxons nomeados en homenaxe a Paul Bartsch

editar

A especie lura de Bartsch (Uroteuthis bartschi) foi nomeada na súa honra por Harald A. Rehder.

O WoRMS enumera 61 taxa co epíteto, bartschi, moitos dos cales convertéronse en sinónimos.

Unha especie e unha subespecie de lagartos do Caribe foron nomeadas na súa honra: Anolis bartschi e Cyclura carinata bartschi.

Abreviatura

editar

A abreviatura Bartsch emprégase para recoñecer a Paul Bartsch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. "Paul Bartsch, 1871–1960 | the Conchological Society of Great Britain and Ireland". 
  2. Boss, Kenneth J.; Joseph Rosewater & Florence A. Ruhoff (1968): "The Zoological Taxa of William Healey Dall". United States National Museum Bulletin '287.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  4. Ruhoff 1973.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ruhoff, Florence A. (1973): "Bibliography and Zoological Taxa of Paul Bartsch". Smithsonian Contributions to Zoology nº 143.