[go: up one dir, main page]

Neno de Turkana é como se denomina ao fósil KNM-WT 15000 (Kenya National Museum-West Turkana) que é un esqueleto, case completo, dun neno homínido de 11 ou 12 anos que morreu hai 1,6 millóns de anos, ao comezo do Plistoceno.

Neno de Turkana

Historia

editar

O esqueleto descubriuno o 23 de agosto de 1984 Kamoya Kimeu, membro do equipo que dirixía Richard Leakey na beira do río Nariokotome, preto do lago Turkana, en Kenya. Tan só lle faltan os ósos dos pés e a maioría dos das mans, converténdose no esqueleto máis completo dos exemplares máis antigos do xénero Homo .

A forma da pelve indica que era home. A análise do esqueleto dálle unha altura de 1,6 m (e de adulto podería chegar a 1,85 m). A capacidade cranial era de 880 cm³, aínda que podería chegar a 910 cm³ se chegase a adulto (un adulto actual ten 1350 cm³).

O neno de Turkana clasifícase como Homo erectus (aínda que hai especialistas que o clasifican como Homo ergaster).