Mons
Mons (en flamengo Bergen) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia de Hainaut, na zona francófona do país. Ten arredor de 91.000 habitantes.
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Estado | Bélxica | ||||||||
Rexión | Valonia | ||||||||
Provincia | Provincia de Hainaut | ||||||||
Distrito | Arrondissement of Mons (en) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Capital | Mons (en) | ||||||||
Contén a división administrativa | Ciply (en) (1977–) Cuesmes (en) (1972–) Flénu (en) (1977–) Ghlin (en) (1972–) Harmignies (en) (1977–) Harveng (en) (1977–) Havré (en) (1977–) Hyon (1972–) Jemappes (en) (1977–) Maisières (en) (1977–) Mesvin (en) (1977–) Mons (en) (1972–) Nimy (en) (1972–) Nouvelles (en) (1977–) Obourg (en) (1972–) Saint-Denis (en) (1977–) Saint-Symphorien (en) (1977–) Spiennes (pt) (1977–) Villers-Saint-Ghislain (en) (1977–) | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 95.299 (2018) (645,83 hab./km²) | ||||||||
Lingua oficial | lingua francesa (valor oficial) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 147,56 km² | ||||||||
Altitude | 60 m | ||||||||
Comparte fronteira con | Jurbise (pt) Soignies (pt) Saint-Ghislain (pt) Quaregnon (pt) Frameries (pt) Le Roeulx (pt) Binche (pt) La Louvière (pt) Estinnes (pt) Quévy (pt) | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde | Nicolas Martin (2018–) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 7000, 7024, 7033, 7012, 7011, 7021, 7020, 7022, 7034, 7032, 7030, 7031, 7310 e 7010 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 065 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Vannes (1952–) Briare (1962–) Thoissey (1963–) Borough Metropolitano de Sefton (pt) (1964–) Little Rock (1997–) Changsha (1998–) | ||||||||
Páxina web | mons.be | ||||||||
Situación
editarMons localízase a 50 km, en dirección suroeste, da capital do país, Bruxelas, a arredor de 200 km ao nordeste de París e a uns 75 km ao leste de Lille. A cidade está situada no cruzamento de importantes eixes autoestradais: E19 (París-Bruxelas-Anveres-Ámsterdam) e E42 (Lille-Charleroi-Liexa-Fráncfort do Main).
Topografía
editarO relevo do concello de Mons está marcado polo val do río Haine, que flúe de leste a oeste, ao norte da cidade, para acabar por xuntarse, xa en Francia, co Escalda. O río Trouille xúntase co Haine na mesma cidade de Mons. O norte e sur do val do Haine está conformado por outeiros e altiplanos con alturas progresivamente en aumento que varían entre os 50 e os 115 m, que culminan na aldea de Saint-Denis. A altura descende até o 20 m nas beiras do Haine e do canal Nimy-Blaton-Péronnes.
A cidade foise desenvolvendo sobre un outeiro (de aí o nome de Mons: monte) sito na confluencia entre o Haine e o Trouille, o que lle foi conferindo unha forma máis ou menos circular. A altura do casco urbano é maior xustamente no seu centro.
A ver
editarO centro da vida cidadá é a Gran Praza (Grand-Place). A súa man suroeste ábrense as rúas medievais, ben conservadas. Cómpre ver:
- A Casa do Concello (Hôtel de Ville), edificio gótico do século XV; á súa entrada principal, no exterior, a curiosa estatua dun macaco, dito o Singe du Grande Garde, do cal se di que outorga boa sorte a que lle aloumiña coa man dereita a cabeza;
- Colexiata de Sainte-Waudrau, de estilo tardogótico, no suroeste da Grande-Place
- Museo da Guerra (Musée du Guerre), consagrado ás vicisitudes da cidade nas dúas guerras mundiais;
- Musée du Vieux Nimy, cunha boa colección de porcelana de Delft.
Predecesor: Riga Umeå |
Capital Europea da cultura xunto con Plzeň 2015 |
Sucesor: Wrocław Donostia |
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mons |