Miguel Fisac
Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006[1] foi un arquitecto, urbanista e pintor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Fisac Serna 29 de setembro de 1913 Daimiel, España |
Morte | 12 de maio de 2006 (92 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, urbanista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Maria Badell Lapetra |
Fillos | Taciana Fisac |
Irmáns | Lola Fisac |
Premios | |
Páxina web | fundacionfisac.com… |
Traxectoria
editarFillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.
Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.
Obras destacadas
editar- Teatro Miguel Fisac de Castilblanco de los Arroyos, Sevilla.
- Edificio central do CSIC en Madrid.
- Igrexa do Espírito Santo en Madrid
- Igrexa en Punta Umbría.
- Instituto Nacional de Óptica Daza de Valdés en Madrid.
- Centro de Estudios Hidrográficos en Madrid.
- Centro de Cálculo da Universidade Complutense de Madrid .
- Edificio de IBM no Paseo da Castellana de Madrid.
- Edificio dos Laboratorios Jorba, La Pagoda, en Madrid.
Obra escrita
editar- La arquitectura popular española y su valor ante la del futuro. Madrid: Ateneo, 1952.
- La molécula urbana. Una propuesta para la ciudad del futuro Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas, 1969.
- Reflexiones sobre mi muerte. Madrid: Nueva Utopía, 2000.
Premios
editar- 1942 Premio Superior de Arquitectura de Madrid.
- 1994 Medalla de Ouro da Arquitectura.
- 1997 Premio Antonio Camuñas de Arquitectura.
- 2003 Premio Nacional de Arquitectura de España.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en elpais.com, 5-maio-2006 (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Miguel Fisac en epdlp.com (en castelán).