La Graciosa
La Graciosa é unha illa que pertence á provincia das Palmas, nas Canarias (España). Forma parte do arquipélago Chinijo, xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza, que pertence ao concello de Teguise, en Lanzarote. A economía insular está baseada principalmente no turismo.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Las Palmas | |||
Concello | Teguise | |||
Capital | Caleta de Sebo | |||
Poboación | ||||
Poboación | 723 (2023) (24,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 29,05 km² | |||
Lonxitude da costa | 30,395 km | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 266 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Está situada ao noroeste de Lanzarote, illa da que depende administrativamente e da que a separa un brazo de mar coñecido como El Río. Tamén está relativamente próxima á costa continental africana.
Status
editarO 26 de xuño de 2018 a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado aprobou por unanimidade unha moción que recoñece a La Graciosa como a oitava illa habitada das Canarias[1] deixando de ser considerada como un illote.[2] Con todo, esta medida non a equipara ao resto das illas do arquipélago, pois La Graciosa continúa pertencendo ao municipio lanzaroteño de Teguise e tampouco conta con cabido insular propio (órgano político imprescindible para a súa equiparación ao resto de illas do arquipélago).[1]
Con esta medida, o status de La Graciosa é de illa con pedanía, é dicir, de entidade local menor con personalidade xurídica.[1][3] Conta cun orzamento propio que se inviste directamente nos servizos públicos necesarios para os veciños. Esta medida recoñece a La Graciosa como a oitava illa habitada do arquipélago canario, pero continúa dependendo administrativamente de Lanzarote.[4]
Historia
editarFoi conquistada en 1402 polo explorador normando Jean de Béthencourt, baixo o vasallaxe de Henrique III de Castela.
A orixe da poboación remóntase ao século XIX. En 1861 o Goberno permite á empresa anglo-española Cappa y Maqueda o establecemento dunha factoría de salgadura de peixe. Este establecemento implicou a construción dos almacéns e as primeiras casas da illa. A finais do século XIX, co afán por establecer as pesqueiras canario-africanas na illa, formouse a aldea de Caleta de Sebo.[5]
Xeografía
editarLa Graciosa é a maior das illas e illotes que compoñen o Arquipélago Chinijo, cunha superficie duns 29 km². Ao sur predominan largas praias de areas claras, como as da Cocina e a dos Franceses. Tamén no litoral atópanse os seus dous asentamentos urbanos: Caleta de Sebo, núcleo de poboación orixinario e capital da illa, e Pedro Barba, unha pequena urbanización turística. Igual que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica.
Entre os seus puntos xeográficos destacan os seguintes:
- Agujas Grandes (266 m)
- Agujas Chicas (189 m)
- Montaña del Mojón (188 m)
- Montaña Amarilla (172 m)
- Montaña Bermeja (157 m)
- Praia de Las Conchas
Demografía
editarSegundo datos do INE, en 2019 tiña unha poboación de 737 habitantes, distribuídos da seguinte maneira:
- Caleta de Sebo: 733 hab.
- Pedro Barba: 3 hab.
- Diseminado: 1 hab.
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
626 | 615 | 626 | 621 | 630 | 637 | 658 | 640 | 648 |
Administración e política
editarA diferenza das outras sete illas das Canarias, La Graciosa non conta con cabido insular propio.[1] A illa depende administrativamente do concello lanzaroteño de Teguise, no que posúe un concelleiro.
Comunicacións
editarA illa é accesible unicamente por mar, a través do porto de Caleta de Sebo, que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola, no concello de Haría. Tamén posúe un heliporto situado moi preto de Caleta de Sebo.
Festas
editarNo referente aos festexos populares que se celebran na illa destaca a Festa da Virxe do Carme tamén chamada Virxe do Mar, patroa de La Graciosa. A festa celébrase na Igrexa da nosa Señora do Carme que é igrexa parroquial de Caleta de Sebo, a capital da illa. Nesta festa destaca a embarcación da Virxe que se celebra ao redor do 16 de xullo.
Panorama
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "El Senado reconoce a La Graciosa como la octava isla canaria habitada". Diario de Avisos (en castelán). EFE. 26 de junio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ Agustín Monzón (26 de xuño de 2017). "La Graciosa se convierte en la octava isla de Canarias". El Independiente (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ "La Graciosa: así es la octava isla canaria habitada reconocida por el Senado". ABC (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "El Senado reconoce a La Graciosa como la octava isla canaria habitada". La Vanguardia (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "Plan Rector de Uso y Gestión del Parque Natural del Archipiélago Chinijo" (PDF). Goberno de Canarias. 2005. Consultado o 18 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Graciosa |